Baixar o IBI un 10%, primeira proposta de Domínguez para impulsar unha rebaixa fiscal
Por Alejandro Espiño
Modificar a ordenanza fiscal para conseguir unha "considerable reducción" do imposto de bens inmobles, o coñecido como IBI. É o que tentará impulsar o Partido Popular no próximo pleno municipal, segundo anunciou este xoves o seu portavoz, Rafa Domínguez.
Domínguez avoga por reducir un 10% o recibo do IBI que pagan os pontevedreses, ao entender que actualmente están a pagar unha "barbaridad" pola súa contribución.
O líder popular entende que se trata dunha "modificación sencilla" que se podería tramitar nuns tres ou catro meses. Esta rebaixa fiscal, segundo engadiu, "no compromete" a xestión do concello, xa que só implicará unha redución de 1,7 millóns de euros en ingresos.
"Con los 17 u 18 millones de remanentes del Concello y la economía saneada de la que siempre presume el gobierno local no debería ser un problema", afirmou Rafa Domínguez.
O portavoz do PP confía en que este poida ser un "primer paso" para seguir baixando este imposto durante os próximos anos, aínda que necesita o apoio do PSOE para que poida aprobarse unha proposta que "no está pactada con ellos" nin lla presentaron.
A este respecto, Domínguez mostrouse disposto a negociar cos socialistas os termos e as condicións desta modificación da ordenanza fiscal.
"El PP es un partido de ideas fijas y predecibles. Los pontevedreses que nos otorgaron su confianza saben lo que vamos a hacer", sentenciou o dirixente popular, que sitúa a redución de taxas e impostos entre os seus grandes obxectivos.
Relacionadas:
-
Manter as taxas impositivas conxeladas, intención do alcalde de Pontevedra para 2024
Por Anxo Lourido |
-
Lores observa unha "calma chicha" na Deputación e advirte que o convenio por Santa Clara está "perfectamente definido"
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE leva a Pleno a "represalia do PP" contra o Ateneo, que quedou sen sede no edificio da Xunta en Benito Corbal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Pleno aproba a reapertura ao tráfico de Raíña Vitoria e a substitución dos lombos nas vías sanitarias
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra prevé elevar o seu orzamento ata os 114,8 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |