O alcalde responsabiliza a Xunta das expropiacións da vía perimetral de Montecelo
Por Mónica Patxot & Diego Torrado & Anxo Lourido
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, manifestou este venres que o plan sectorial que habilita as expropiacións para executar a vía perimetral do novo Hospital Montecelo son responsabilidade da Xunta de Galicia, administración encargada de redactar o proxecto.
O rexedor da capital sinalou que o goberno local xa alertara á administración autonómica sobre as expropiacións proxectadas ao entender que eran insuficientes para garantir o acceso ás propiedades da veciñanza.
Acusou a Rafa Domínguez, portavoz municipal do Partido Popular, de xogar "ao despiste" culpando o Concello dunha acción na que a Xunta "meteu a pata" lembrando que o goberno municipal non foi quen decidiu onde se localizaba o Gran Montecelo, nin onde se creaban os aparcamentos nin tampouco o proxecto sectorial de infraestruturas; un proxecto que foi sometido a exposición pública e que agora provoca o malestar veciñal.
"Nós pasamos no seu día documentación que recomendaba facer unha exposición máis ampla da feita, fixémoslles notar que era imposible facer un vial de servizo ao carón do vial de circulación e negáronse, de xeito reiterado, a modificar esas expropiacións", advertiu Lores na súa explicación sobre o proxecto.
O alcalde afirmou que o Concello de Pontevedra "está disposto coma sempre a facer o que se considera convinte, pero nós non temos ningún título habilitante para expropiar nada máis que o que a Xunta expropiou" e insistiu en que "o Concello está dando todas as facilidades do mundo para a construción do novo hospital de Montecelo", ante as críticas do PP.
Criticou que non apareza reflectido en sitio algún da cartelería do novo hospital o convenio asinado entre o Concello e a Xunta para poñer en marcha esta actuación nos terreos de Mourente.
Relacionadas:
-
Inaugurada a vía perimetral do Hospital Montecelo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
En vías de solución os problemas causados pola construción do vial de acceso ao novo Montecelo
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Concello pedirá á Xunta que reformule o proxecto do aparcadoiro do Hospital Montecelo
Por Anxo Lourido |
-
Os defectos do novo vial de Montecelo son "única e exclusivamente" responsabilidade municipal, di a Xunta
Por Redacción |
-
Domínguez ve "moi grave" deixar sen acceso aos propietarios das leiras do vial de Montecelo
Por Redacción |
-
A mellora da liña de media tensión para o Gran Montecelo correrá a conta do Concello
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello mellorará a recollida de augas pluviais e residuais do Gran Montecelo
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |