Pontevedra conta con 284 terrazas con capacidade para 1.743 mesas
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
O traballo realizado polos técnicos municipais para actualizar o número de terrazas da hostalería local e a súa capacidade revela que, nestes momentos, Pontevedra conta con 284 terrazas autorizadas en toda a cidade, a maior parte delas no centro histórico.
Estes establecementos teñen permiso para instalar un total de 1.743 veladores, é dicir unha mesa e catro cadeiras, polo que se cumpren co autorizado poderiamos trasladar que as terrazas da hostalería local teñen capacidade para atender a case 7.000 persoas ao mesmo tempo.
Esta cifra, aínda que seguen sendo altas, é un 14% menor á que se rexistraba o pasado ano.
Desde o goberno municipal aclaran que este descenso, en 2022 estaban inscritas 326 terrazas e 2.202 veladores, débese a unha actualización do censo municipal.
Así, achacan esta baixada a unha revisión masiva dos recibos, entre os que habían casos nos que os locais de hostalería xa non existían como consecuencia de peches que non foron notificados oficialmente á administración municipal.
Como consecuencia desta actualización do censo, a recadación prevista polo Concello para este 2023 pola taxa de veladores sitúase nos 188.661 euros, un 13,76% menos que en 2022.
A taxa por velador mantense invariable desde hai oito anos e supón 75,23 euros anuais por cada mesa, barril ou elemento similar, que poden ter un máximo de catro cadeiras.
Relacionadas:
-
Descende un 9% o número de veladores na Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
Aínda con clientela, as obras minguan a facturación das cafeterías: "consideramos pechar unha semana"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
O Concello pide aos hostaleiros corrixir "desaxustes" coas súas terrazas
Por Alejandro Espiño |