Continuarán as borrascas nas Rías Baixas durante toda a semana
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Espérase unha semana de precipitacións nas Rías Baixas cun descenso de temperaturas, segundo a información facilitada polo servizo de Meteogalicia.
Este luns 23 espérase que as baixas presións situadas sobre o Cantábrico deixen a Galicia cun réxime de ventos do nordés que ofrecerán aire máis frío. Os ceos continuarán nubrados, con chuvascos probables en calquera punto da comunidade autónoma. A últimas horas do día irán desaparecendo. as temperaturas mínimas situaranse en 12 graos e as máximas en 18. O vento soprará moderado do noroeste.
Na xornada do martes, unha nova borrasca situada ao noroeste da península Ibérica afectará a Galicia. O ceo continuará cuberto e con precipitacións de oeste a leste, máis persistente no prelitoral das Rías Baixas e posibilidades de tormentas. As temperaturas mínimas seguirán en 12 graos mentres que as máximas ascenderán lixeiramente ata os 20 graos. O vento soprará forte de suroeste no litoral e tamén nas zonas altas do interior.
A situación non variará durante o mércores 25 de outubro. Galicia continúa baixo os efectos das borrascas atlánticas e circulación do vento forte do suroeste. O paso dunha fronte fría activa deixará o ceo cuberto e choiva de oeste a leste. As precipitacións serán persistentes na metade oeste. As temperaturas establécense entre 16 e 19 graos.
A partir do xoves manteranse os nubes e claros, con pasaxes moi nubradas. Espéranse precipitacións todos os días. As temperaturas serán normais para este período do ano, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.
Relacionadas:
-
Desactivada a alerta por escaseza de auga no abastecemento do Lérez e activada para o xoves alerta laranxa por choiva
Por Oskar Viéitez |
-
As chuvias deixan numerosas inundacións en Cambados
Por Anxo Lourido |
-
Xornada intensa para os servizos de emerxencia polo temporal de vento e chuvia
Por Redacción |
-
Preocupación no Gorgullón porque as chuvias volven asolagar as rúas
Por Redacción |