Vinte e un albergues privados galegos ofrecen 1.050 prazas para acoller aos migrantes de Canarias
Por Oskar Viéitez
A Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) puxo ao dispor do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións un total de 1.050 prazas nos seus aloxamentos para acoller ás 400 persoas migrantes chegadas ás Illas Canarias e que se trasladarán a Galicia.
Agalber ofreceu un total de 1.050 prazas repartidas nun total de 21 albergues situados en distintos puntos de Galicia que están dispostos a recibir a estas persoas.
O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións xa contactou con eles.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou que das 400 persoas migrantes 350 estarán en Sanxenxo e o resto distribuiranse nas localidades de Vigo, A Coruña e Sobrado dous Montes.
"Temos que ser solidarios con Canarias e coas persas que chegan alí, que son seres humanos coma nós", manifestou Pedro Blanco, trantando de transmitir "unha mensaxe de tranquilidade".
O delegado do goberno en Galicia explicou que se trata de ofrecer a este colectivo unha "primeira atención" cun "traslado programado" e de forma "ordenada" a outras comunidades autónomas nun prazo aproximado dun mes.
Ademais informou que os 400 migrantes que chegarán a Galicia, son homes, sen necesidade de escolarización.
Trátase, dixo, de persoas que abandonaron os seus países "motivadas polas circunstancias, fundamentalmente bélicas". "Hai que acollelas como seres humanos que son", insistiu.
A Xunta volveu a demandar ao Goberno central "coordinación e colaboración" e claridade sobre os criterios que levan á concentración de migrantes por exemplo en Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Telmo Marín asegura que "Sanxenxo vai estar á altura como sempre e máis se se trata dun tema humanitario"
Por Oskar Viéitez |
-
Os 62 migrantes que chegarán a Sanxenxo serán de sexo masculino e con idades de entre 18 e 25 anos
Por Redacción |
-
Sanxenxo recibirá "entre mañá e pasado" os migrantes chegados a Canarias, "entre 60 e 70"
Por Redacción |
-
O ministro Escrivá informa este martes os alcaldes sobre a acollida de migrantes
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno de Telmo Martín descoñece a situación en que van aloxarse os 350 migrantes
Por Anxo Lourido |
-
Sanxenxo acollerá a 350 dos inmigrantes chegados ás Canarias
Por Oskar Viéitez |