O ministro Escrivá informa este martes os alcaldes sobre a acollida de migrantes
Por Oskar Viéitez
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, reúnese este martes por videoconferencia cos alcaldes das localidades implicadas, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e os representantes das respectivas comunidades autónomas para informarlles do dispositivo para facer fronte á crise migratoria de Canarias.
Será ás 17.00 horas deste martes e espérase que o ministro de conta de todos os detalles sobre os traslados á península das persoas migrantes.
Jose Luis Escrivá manifestou que esta reunión "tiene un carácter principalmente informativo porque hay un enorme desconocimiento sobre cómo funciona nuestro sistema de acogida".
O ministro considera que, por agora, os concellos afectados dispoñen da información "suficiente" e enmarcou a incerteza existente nos municipios ao descoñecemento de como funciona o sistema de acollida xa que "ha habido muchos cambios en los gobiernos y quizás los que han llegado nuevos no lo conocen bien".
"Daré toda la información que me requieran o que yo crea que tenga que dar", dixo Escrivá.
No caso de Sanxenxo, a previsión da Delegación do Goberno en Galicia é que as primeiras 175 persoas chegarán o mércores día 1 e as restantes, o día 8 de novembro.
Curiosamente no Concello de Sanxenxo non recibiron ningunha convocatoria para asistir a esa videoconferencia co ministro.
Finalmente será un albergue do concello do Porriño o que acollerá aos migrantes que estaba previsto que chegasen a Sobrado dos Monxes, tamén o 1 de novembro.O alcalde socialista desta localidade coruñesa, Lisardo Santos, rexeitou que esta acollida no Mosteiro de Santa María.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puntualizou que o traslado, aloxamento e manutención destas persoas pagarao o Goberno de España a través das entidades e asociacións que están a colaborar.
Relacionadas:
-
Os 62 migrantes que chegarán a Sanxenxo serán de sexo masculino e con idades de entre 18 e 25 anos
Por Redacción |
-
Sanxenxo recibirá "entre mañá e pasado" os migrantes chegados a Canarias, "entre 60 e 70"
Por Redacción |
-
Vinte e un albergues privados galegos ofrecen 1.050 prazas para acoller aos migrantes de Canarias
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno de Telmo Martín descoñece a situación en que van aloxarse os 350 migrantes
Por Anxo Lourido |
-
Sanxenxo acollerá a 350 dos inmigrantes chegados ás Canarias
Por Oskar Viéitez |