Sanxenxo recibirá "entre mañá e pasado" os migrantes chegados a Canarias, "entre 60 e 70"
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo lamenta os "continuos cambios" que está a facer o Goberno cos seus plans para repartir por toda España a gran parte dos migrantes que, nas últimas semanas, chegaron en pateras ás illas Canarias.
Inicialmente, o executivo central trasladara a súa intención de aloxar en hoteis de Sanxenxo a uns 350 migrantes, pero finalmente esa cifra será moito menor.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou esta mesma tarde ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, que finalmente se aloxarán no seu municipio "entre 60 e 70 migrantes".
Chegarán, segundo traslada o propio Concello, "entre mañá e pasado" a un establecemento hoteleiro, aínda por concretar.
Estes cambios, segundo o Concello, "non deixan máis que en evidencia a descoordinación por parte do goberno nesta emerxencia social".
A pesar diso, reiteran que Sanxenxo recibirá aos migrantes "coa solidariedade e o respecto que merecen unhas persoas que se xogan a vida en busca dun futuro mellor".
Relacionadas:
-
Telmo Marín asegura que "Sanxenxo vai estar á altura como sempre e máis se se trata dun tema humanitario"
Por Oskar Viéitez |
-
Os 62 migrantes que chegarán a Sanxenxo serán de sexo masculino e con idades de entre 18 e 25 anos
Por Redacción |
-
O ministro Escrivá informa este martes os alcaldes sobre a acollida de migrantes
Por Oskar Viéitez |
-
Vinte e un albergues privados galegos ofrecen 1.050 prazas para acoller aos migrantes de Canarias
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno de Telmo Martín descoñece a situación en que van aloxarse os 350 migrantes
Por Anxo Lourido |
-
Sanxenxo acollerá a 350 dos inmigrantes chegados ás Canarias
Por Oskar Viéitez |