Unha maridaxe con cervexa a cargo do chef Xosé Magalhaes, o 'aperitivo' de Etiqueta Negra
Por Redacción
O mercado de abastos de Pontevedra é o lugar elixido por Cervexas 1906 para organizar un evento gastronómico que servirá como avance da feira Etiqueta Negra, que se celebrará no Recinto Feiral pontevedrés os días 11, 12 e 13 de novembro.
Así, a popular marca de Estrella Galicia propoñerá unha xornada de gastronomía e maridaxes co que busca xerar un impacto positivo a pé de mercado, impulsando a cociña colaborativa da man de produtores locais que xeran riqueza e valor na comunidade.
A proposta comezará ás 11:30 horas cunha charla sobre gastronomía colaborativa moderada polo xornalista Quique Morales.
Nela participarán o chef Xosé Magalhaes do restaurante Ceibe (1 Estrela Michelín) en Ourense; Carlos Ávila, técnico de Cultura de Cervexa de Hijos de Rivera; e Patricia Elola, socia de Adega Vimbio e impulsora de Viravolta, cociña galega retornada.
A continuación, ás 12:15 horas, o evento dará paso a un menú maridaxe con Cervexas 1906 a cargo de Xosé Magalhaes.
Preparará algas á meuniere, acompañado por 1906 La Roja; garavanzo negro e polbo, xunto con 1906 Red Vintage; panna cotta de O Rexo e kombucha de marmelo, maridado con 1906 Milnueve; e sopa de burro canso e froitos vermellos, unido á 1906 Black Coupage
Esta iniciativa contará coa participación de preto de preto de trinta hostaleiros de Pontevedra que compartirán este espazo de debate e interrelación ao redor da gastronomía colaborativa.
Relacionadas:
-
Pontevedra volve converterse no centro do gourmet galego e confirma que "hai Etiqueta Negra para longo"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Etiqueta Negra quenta os fogóns cunha exhibición gastronómica do chef Xosé Magalhaes
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Conta atrás para Etiqueta Negra, o "mellor escaparate" para un sector "que marca tendencia"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra "quere gourmet galego" e presumirá del en novembro coa sétima Etiqueta Negra
Por Alejandro Espiño |