Renovación integral na Casa do Pobo de Almofrei para mellorar a eficiencia enerxética
Por Redacción
A Casa do Pobo de Almofrei estrea novas ventás de PVC en cor marrón con dobre acristalamento e illamento térmico ademáis dunha imaxe renovada do salón principal do centro veciñal, o cal someteuse a un repintado completo.
Estas actuacións, realizadas polo Concello de Cerdedo-Cotobade, supuxeron un investimento duns 13.000 euros e permitirán mellorar a habitabilidade e confortabilidade do lugar.
O alcalde da vila, Jorge Cubela salientou a importancia deste tipo de intervencións en locais sociais e veciñais xa que son puntos de encontro da veciñanza, sobre todo no ámbito rural, e canalizan gran parte do dinamismo e das actividades socioculturais que se realizan en aldeas e parroquias.
Cubela sinalou que "foi un investimento importante, pero quixemos que se solucionaran os problemas de illamento que presentaba o edificio e favorecer que, sobre todo no inverno, a Casa do Pobo de Almofrei resultara un lugar agradable no que estar para fomentar o encontro e a convivencia veciñal, se fagan actividades e se contribúa ao dinamismo sociocultural".
Para levalo a cabo, instalaron novas ventás de PVC e dobre acristalamento para dar luminosidade ao local e favorecer o seu mellor illamento térmico, a confortabilidade interior e se consuma menos enerxía ao usar elementos de calefacción.
O rexedor lembrou que tamén a petición veciñal se acometeu o pintando interior de todo o salón principal do centro social "que xa lle viña facendo falta e que foi unha das peticións que nos trasladaron os veciños. Agora mellora o seu aspecto e a súa imaxe ao tempo que gaña en confortabilidade".
Relacionadas:
-
Investirán 260.000 euros para humanizar o núcleo dos Castros
Por Redacción |
-
Sae a contratación pública a mellora integral da Escola de Música de Cerdedo por máis de 71.000 euros
Por Redacción |
-
Os veciños de Carballedo estrean a rolda de encontros para programar a instalación da fibra óptica
Por Redacción |