A "Biblioteca quitapenas" cambia as sancións por alimentos
Por Oskar Viéitez
Dende este martes 2 de decembro de 2014 ao venres 2 de xaneiro de 2015 "quitámosche as penas e ti quítasllelas a outros", din na Biblioteca de Pontevedra. Farano coa posta en marcha dunha campaña solidaria de recollida de alimentos. Cambiando as sancións que contempla o regulamento polos atrasos na devolución de libros e demais materiais, por produtos de primeira necesidade (alimentos non perecedoiros) que irán destinados ao Banco de Alimentos.
Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario, polo que invitan a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da Biblioteca a sumarse a esta iniciativa, entregando tamén produtos de primeira necesidade xunto aos seus libros, DVDs, Cds, etc.
A ONG Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra recollerá periodicamente os alimentos para a súa distribución entre os sectores de poboación máis afectados.
LIBROS POR SORRISOS
A Biblioteca Pública de Pontevedra nas súa Sala Infantil inicia, ademais, o martes 2 de decembro unha campaña solidaria a través de Cáritas Interparroquial consistente na recollida de libros e rematará o venres 2 xaneiro de 2015.
As persoas que desexen participar poden depositar os seus libros, para nenos de 0 a 14 anos, novos ou de segunda man en perfecto estado na sala infantil da biblioteca, beneficiándose deste xeito coa anulación das sancións que contempla o noso regulamento, polos atrasos na devolución de libros e demais materiais.
O Nadal é tempo de compartir e se compartes un libro compartirás sorrisos.
Relacionadas:
-
Contacontos especiais de Nadal na biblioteca
Por Redacción |
-
'Noite de terror' na biblioteca de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Persisten os problemas de humidades na Biblioteca Municipal de Marín
Por Redacción |
-
O Ministerio premia de novo a Sanxenxo polo programa local de animación á lectura
Por Redacción |
-
'La Venganza de Don Mendo', o musical para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares
Por Redacción |