Álvaro del Valle Quartet ilumina coa súa música moderna a praza do Teucro
Por Diego Torrado & Redacción
A praza do Teucro acollía durante a noite do 24 de xullo un recital do guitarrista de jazz e de música moderna Álvaro del Valle acompañado da súa agrupación. O músico madrileño é un investigador sobre a comunicación e a linguaxe musical, sempre interesado na produción de música electrónica de vangarda.
O concerto de Álvaro del Valle Quartet congregou a numerosos afeccionados que puideron comprobar a calidade dos músicos galegos que acompañaban ao guitarrista como era o caso do contrabajista de Vilagarcía Pablo Patiño; o batería vigués David Puime e o saxofonista de Redondela Fernando Sánchez.
Este xoves, o concerto principal trasládase ao escenario da praza da Ferrería. Alí, o renovador Joey De Francesco ofrecerá un concerto no que mostrará as súas habilidades co órgano Hammond B-3 e coa trompeta. Este artista nado en Filadelfia tamén se caracteriza pola súa voz.
Durante a súa traxectoria tocou con artistas da categoría de Miles Davis, Ray Charles, Nancy Wilson, Van Morrison, Diana Krall ou George Benson. Este esperado concerto da programación do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra comezará ás 22.30 horas con entrada libre.
Relacionadas:
-
Soul, funk e R&B, o cóctel perfecto de José James no penúltimo concerto do Festival Internacional de Jazz
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A Ferrería móvese ao ritmo de Judith Hill
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O Festival de Jazz e Blues de Pontevedra dá o salto á Ferrería con Joey de Francesco
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Os pontevedreses Mr. River suben o pano do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
RADIO.- Escoita co Cara a cara aos artistas do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Marisa Ciordia |
-
O jazz e o blues serán a banda sonora da cidade entre o 23 e o 28 de xullo
Por Manu Otero |