O Mini-FIC, unha completa axenda de actividades para a rapazada para pechar o FICBUEU 2019
Por Redacción
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu incluirá na súa 12 edición unha completa axenda de actividades para a infancia que inclúe curtas, contacontos, música en directo e humor.
A iniciativa, bautizada Mini-FIC, desenvolverase principalmente na derradeira xornada do festival, o sábado 14 de setembro. Será a partir das 11.00 horas coa Gala Escolas Galegas, conducida pola actriz e narradora Beatriz Campos, co patrocinio da editorial Kalandraka. No transcurso do evento entregaranse os premios ás mellores curtas dos distintos niveis educativos, desde infantil ata a universidade, e proxectaranse as gañadoras de cada unha das tres categorías.
Ás 12.30 horas desenvolverase o obradoiro 'O cine soa ben' da man de Caspervek Trio, que porá de relevo o importante papel que cumpre a música no cinema, complementando e realzando os contidos visuais. O grupo retará ao público familiar a identificar diferentes filmes pola súa banda sonora e mesmo viaxará ata os inicios da sétima arte para descubrir as proxeccións de películas mudas con música en directo. A
Ambas as dúas actividades terán lugar no Centro Social do Mar con acceso gratuíto, pero dados os límites de aforo será preciso retirar unha invitación o mesmo día no despacho de billetes.
Xa pola tarde, ás actividades trasladaranse ao Punto de Encontro, situado na Sala de Exposicións 'Amalia Domínguez', onde ás 17.00 horas comezará a sesión Contos e Cinema, que fusiona as historias narradas por Olalla González e as ilustracións en tempo real a cargo de Marc Taeger.
Por último, ás 18.00 horas, nos exteriores do Centro Social do Mar celebrarase o concerto PunkInfantil de Peter Punk e Brais das Hortas, un rockeiro e un cantante infantil que se verán na obriga de compartir escenario, polo que a diversión está asegurada.
Todas as actividades do Mini-FIC son de balde e están patrocinadas pola armadora Agustín Santomé SL.
Relacionadas:
-
Récord na duodécima edición do FICBUEU con 128 filmes e 65 actividades programadas
Por Almu Dapena |
-
Música en directo para gozar do mellor cine no FICBUEU
Por Almu Dapena |
-
O paso da curta á longa, a dirección de arte e a produción centran as charlas do FICBUEU 2019
Por Redacción |
-
Saen á venda as entradas e abonos para as seccións competitivas e a gala do FICBUEU 2019
Por Redacción |
-
O FICBUEU saltará ás ondas, por terceiro ano consecutivo, co programa Carne cruda
Por Redacción |
-
Especialistas de Arxentina, Francia e Valencia avalían os filmes do FICBUEU
Por Redacción |