'Conexión Pingüín', evidencias da incomunicación tecnolóxica en Ponteatro
Por Mónica Patxot & Redacción
Luís Iglesia e Marcos Orsi, dous dos actores máis coñecidos no panorama teatral de Galicia, ofrecían este xoves dentro do ciclo Ponteatro a súa visión sobre a falta de comunicación nesta era da comunicación a través do montaxe 'Conexión Pingüín', de Culturactiva Producións.
Dirixida polos propio Marcos Orsi, sobre un texto de José Prieto e unha escenografía elaborada por Kukas, a comedia móvese entre 1923 cando levaba a cabo unha expedición cara ao polo sur e a actualidade, representada a través dunha conferencia na que se analizan as circunstancias daquela viaxe á Antártida.
A obra reflexiona sobre a falta de diálogo entre as persoas malia que a humanidade se atopa conectada de maneira inmediata a través de teléfonos móbiles de última xeración.
Unha vez máis, o público afeccionado ao teatro asistiu á sesión que se desenvolvía no Teatro Principal.
A próxima función dentro deste ciclo chegará o 25 de novembro, ás 21.00 horas, con 'Comadres Comando' do Teatro Matrioshka. Antes, o sábado 13 de novembro, o Pazo da Cultura acollerá o espectáculo homenaxe a Federico García Lorca que leva por título 'A vueltas con Lorca' co actor Carmelo Gómez; e o sábado 20 presentarase 'O charco de Ulises' no mesmo escenario, a cargo do Centro Dramático Galego.
Relacionadas:
-
Luís Iglesia e Marcos Orsi reflexionan sobre a incomunicación humana en "Conexión Pingüín"
Por Redacción |
-
Ponteatro programa seis obras no Principal e no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra presenta o seu "telescopio cultural" cunha programación "de luxo" ata final de ano
Por Alejandro Espiño |