Sés, Ortiga ou Grande Amore completan no Revenidas a "gran festa da música galega"
Por Alejandro Espiño
Vilaxoán será, entre os días 7 e 11 de setembro, o escenario da "gran festa da música galega". Así o reivindica a organización do festival Revenidas. Xa o era cos artistas anunciados, pero ese espírito reforzouse coas últimas incorporacións a un cartel de auténtico luxo.
Trece dos catorce grupos e artistas que se incorporan ao cartel final son galegos, aos que hai que sumar os portugueses Plectro, gañadores da última edición do certame XeneraSon Rock.
Así, o Revenidas vén de 'fichar' a xente do talle de Sés, Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras e The Rapants, entre outros. A eles súmanse Monolious Dop, Copa Turbo, Doen, Sinner, Plectro, Louband, Os Terribles de Arousa, Kris K DJ e La Yaya DJ.
CARTEL POR DÍAS
O festival desvelou tamén este martes o reparto por días das actuacións musicais previstas para esta edición, que arrancará o mércores 7 co concerto de Boyanka Kostova, acompañados de amigos como Pili Pampín, Grande Amore, Dios Ke Te Crew ou Mundo Prestigio.
Sinner, Kris K DJ e La Yaya DJ completarán a oferta musical deste primeiro día.
Para o xoves 8 están previstos os concertos de La Pegatina, Boikot, Gatibu, Suu, Copa Turbo, Ketekalles e Lamontagne & Picoamperio; mentres que o venres 9 será a quenda de Lendakaris Muertos, Talco Moscow Death Brigade, SonDaRúa, Bratzantifa e Grande Amore.
Tanxugueiras, Baiuca, Dakidarría, Zoo, Dubioza Kolektiv, A Banda da Loba, Ladilla Rusa, Doen, Monoulious Dop e Plectro soarán desde as 12:00 horas do sábado 10 e, o domingo 11, farán o propio Sés, Ortiga, Caamaño & Ameixeiras, Os Terribles de Arousa e Louband.
La Duendeneta amenizará tamén o festival os días 8, 9 e 10 de setembro.
A derradeira xornada do Revenidas incluirá ademais a tradicional sardiñada popular, a representación teatral de Os diarios de Eva e Adán (Boleros no paraíso) da compañía Paraíso e unha gala de circo celebrar os 20 anos en escena de Peter Punk.
O popular pallaso contará para esta ocasión especial coa presenza de convidados como Kaldi, Pajarito, Cou, Dakidarría, Leo Arremecághona, Malala e Iván e Brais das Hortas.
Relacionadas:
-
Máis de 25.000 festivaleiros pasaron polo Revenidas na súa edición máis ampla e concorrida
Por Redacción |
-
Boyanka Kostova pon en pé ao público do Revenidas, que recibirá este xoves a La Pegatina ou Boikot
Por Alejandro Espiño |
-
O Revenidas, ante a súa edición "máis ambiciosa" con Tanxugueiras, La Pegatina ou Zoo
Por Alejandro Espiño |
-
Xabier Díaz, Guadi Galego, Grande Amore e Boyanka Kostova suben a bordo do barco do Revenidas
Por Redacción |
-
Boikot, Boyanka Kostova, Gatibu ou SonDaRúa redondean o cartel do Revenidas 2022
Por Redacción |
-
Tanxugueiras e La Pegatina súmanse ao cartel do Revenidas 2022
Por Redacción |