Boyanka Kostova pon en pé ao público do Revenidas, que recibirá este xoves a La Pegatina ou Boikot
Por Alejandro Espiño
O Revenidas 2022 non puido comezar con mellor pé. O enérxico directo de Boyanka Kostova, cun público entregado desde o primeiro segundo, foi o pistoletazo de saída para cinco días de festival, o último dos Rías Baixas Fest desta tempada.
Foron máis de tres horas de concerto, acompañados de Fo Records, Mundo Prestixio, Grande Amore, Dios Ke Te Crew e Pili Pampín, co proxecto musical do dúo galego de trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk), como fío condutor.
Unha actuación inesquecible para o público do Revenidas que, horas antes, xa puideran gozar dos concertos da pontevedresa Sinner, unha das artistas emerxentes que saíu do programa Descúbreas, impulsado pola Deputación de Pontevedra.
Ela foi a encargada de abrir a oferta musical do festival que, ao longo da súa primeira xornada, contou tamén coas sesións de Kris DJ e Yaya DJ, que animaron a noite ata ben entrada a madrugada reivindicando a música feita por mulleres.
Para este xoves, o Revenidas contará con La Pegatina e Boikot como grandes atractivos.
A eles sumaranse as actuacións de Laura LaMontagne & Pico Amperio, Gatibu, Suu, Copa Turbo e Ketekalles. As sesións DJ correrán a cargo de La Duendeneta.
Relacionadas:
-
Máis de 25.000 festivaleiros pasaron polo Revenidas na súa edición máis ampla e concorrida
Por Redacción |
-
O Revenidas, ante a súa edición "máis ambiciosa" con Tanxugueiras, La Pegatina ou Zoo
Por Alejandro Espiño |
-
Xabier Díaz, Guadi Galego, Grande Amore e Boyanka Kostova suben a bordo do barco do Revenidas
Por Redacción |
-
Sés, Ortiga ou Grande Amore completan no Revenidas a "gran festa da música galega"
Por Alejandro Espiño |