PortAmérica triunfa nos premios Fest con dous galardóns
Por Redacción
PortAmérica logrou os premios a Mellor Zona de Restauración e Mellor Festival Mediano Formato, ademais quedou como finalista nas categorías de Mellor Zona de Acampada, Festival Máis Sostible e Premio á Igualdade e Diversidade de Xénero.
Os Premios Fest regresaron neste 2022, sendo o único recoñecemento en España que se destina a Festivais de Música. Con estes galardóns recoñécese e valórase o traballo e a creatividade dos equipos profesionais que permiten a celebración dos Festivais de Música no territorio español.
Máis de 150 festivais participaron nesta edición para optar a premios nalgunha das 18 categorías da novena edición destes premios. E nesta ocasión, o festival PortAmérica que celebraba neste 2022 o seu décimo aniversario se convertía en finalista nas categorías de Mellor Festival Mediano Formato, Mellor Zona de Acampada, Mellor Zona de Restauración, Festival Máis Sostible e Premio á Igualdade e Diversidade de Xénero, sendo o evento con máis candidaturas e logrando dous importantes premios.
Este ano, PortAmérica tivo como centro de operacións a Azucreira de Portas combinando música, gastronomía e natureza. O premiado ShowRocking contou con 38 chefs internacionais sumando 24 Estrelas Michelín. Pepe Solla exerceu de comisario e os chefs ofreceron petiscos gourmet con produtos galegos e elaborados especialmente para esta cita cultural. Durante tres días servíronse máis de 20.000 tapas.
O festival que organiza Esmerarte xa obtivo recoñecementos nas edicións de 2015, 2017 e 2018 cos galardóns a Mellor Zona de Restauración, e en 2018 tamén obtivo o premio de Mellor Activación de Marca.
Neste 2022, PortAmérica expándese cunha edición prevista en Guadalaxara (México), que se celebrará o 12 de novembro na Praza Bicentenerario. Acutarán once bandas e artistas con nomes tan destacados como Vetusta Morla, La Santa Cecilia ou Siddhartha. O acontecemento ofrecerá tamén unha zona gastronómica ShowRocking con chefs recoñecidos como Begoña Rodrigo ou Paco Ruano. Pepe Solla será o curador, mentres que Fabián Delgado exercerá de anfitrión coa elaboración de petiscos exclusivos.
Relacionadas:
-
PortAmérica e Esmerarte súmanse ao proxecto 'Mares Circulares' para limpar o Encoro da Baxe en Caldas
Por Redacción |
-
Vetusta Morla e a súa 'orquesta celtibérica' para reconectar "con la amistad, el amor y la música"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
PortAmérica eleva o pano dos grandes festivais do verán nas Rías Baixas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Música, natureza e gastronomía, cóctel vangardista do bicéfalo PortAmérica 2022
Por Redacción |