Nace en Pontevedra o Premio de Novela Histórica Dona Urraca, único en Galicia deste xénero
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, xunto coa directora da editorial Guiverny, Belén Fuertes, anunciaron a creación do premio de novela histórica Dona Urraca, o primeiro galardón dedicado a unha temática que ten unha "enorme presenza e demanda" entre os lectores.
Este premio, que estará dotado con 6.000 euros, valorará a ambientación da trama na provincia de Pontevedra e a visibilización do papel das mulleres na historia. Iso si, non serán dous requisitos obrigatorios.
As novelas que se presenten, que poderán estar escritas en galego ou castelán, terán que ser inéditas e estar enmarcadas na recreación dun período histórico do pasado ou incluír personaxes ou eventos ficticios ambientados no pasado.
O prazo para presentarse conclúe o 1 de xullo e, no caso de querer coñecer máis información, as persoas interesadas deben consultar as bases do premio.
O xurado que elixirá a obra gañadora estará composto polos escritores Teresa Moure, Xosé Ramón Pena, Belén Fuertes, Inma López Silva e Arantza Portabales. A eles sumarase Begoña Fernández, traballadora do servizo de Cultura da Deputación,
A dirixente provincial celebrou o "acerto" de que este premio adopte o nome de Dona Urraca, un personaxe "extraordinario" que foi, segundo subliñou, "a primeira raíña de Europa alá polo século XII" e que tivo unha presenza "moi importante" en Pontevedra.
Belén Fuertes, pola súa banda, remarcou que este galardón literario pretende promover un xénero "infrarrepresentado" en materia de premios e dar a coñecer "o noso rico acervo cultural".
Dona Urraca, engadiu, "foi unha das figuras máis importantes da historia de Galicia e de toda a península, unha figura poliédrica que desempeñou un papel moi importante que foi silenciado", expresando o seu desexo de que sexa a protagonista da novela gañadora.
O autor ou autora gañadora, ademais dos 6.000 euros de premio, verá a súa obra editada pola compañía que, xunto coa Deputación de Pontevedra, impulsa este galardón, a Editorial Guiverny.
Relacionadas:
-
A novela histórica "1538" gaña o Premio Dona Urraca
Por Redacción |
-
RADIO.- Alfonso Goizueta presenta ao Alejandro Magno que habería "detrás da lenda" en 'La sangre del padre'
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Sandra Aza debuta ao grande na escritura con 'Libelo de sangre', unha novela con historia, aventura e misterio
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Navegamos na épica medieval, a supervivencia e a vinganza da nova novela de Jorge Molist
Por Marisa Ciordia |
-
Arantza Portabales: "Hai quen non mira nunca atrás e outros viven ancorados no pasado. Os dous son igual de perigosos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Mara Torres e Rosa María Calaf liderarán a sexta edición do foro 'As mulleres que opinan son perigosas'
Por Alba Feijoo Alonso & Mónica Patxot |
-
A Deputación celebrará "por todo o alto" o Día de Rosalía
Por Oskar Viéitez |
-
A Escola de Letras da Deputación inicia o 1 de marzo a súa cuarta edición
Por Redacción |
-
'Cambiemos o conto', un concurso para que o alumnado reflexione sobre a violencia machista e a igualdade
Por Redacción |