Nerea Liste, un amargo MVP para o Arxil no seu partido máis complicado
Por Redacción
O encontro da xornada 14 na Liga Feminina 2 na pista do Hierros Díaz Miralvalle, segundo clasificado e un dos equipos máis en forma da competición, foi un dos máis difíciles da tempada para o Club Baloncesto Arxil.
O equipo pontevedrés encaixou unha contundente derrota por 73 a 47, e con todo unha das súas xogadoras destacou no choque ata tal punto de converterse na máis valorada (MVP) da xornada no Grupo A da Liga Feminina 2.
Trátase de Nerea Liste, que asinou a pesar da derrota 16 puntos, 10 rebotes, 4 asistencias e 6 faltas recibidas para un total de 29 puntos de valoración. O dato da xogadora arxilista, de 20 anos, contrasta cos 19 puntos de valoración cos que quedou o Arxil no seu conxunto.
Liste está a ser unha das pezas máis destacadas este curso do Arxil, quinto clasificado do grupo e en postos de play-off, alcanzando de media ata a data 12,9 puntos, 11,4 rebotes e 22,1 puntos de valoración por encontro.
Este é ademais o terceiro MVP da tempada que consegue co Arxil, tras os asinados na xornada 4 deste curso xunto a outro logrado a pasada tempada.
Relacionadas:
-
Dura derrota do Arxil na casa dun Ponce Valladolid en postos críticos (74-65)
Por Redacción |
-
Dominio do Arxil e vitoria ante o Barna (78-45)
Por Redacción |
-
O Arxil conquista a cancha do líder Segle XXI (61-70)
Por Redacción |
-
O Arxil leva o derbi ante o Cortegada (52-48)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un mal segundo cuarto impide o Arxil asaltar o segundo posto (73-47)
Por Redacción |
-
Satisfacción no Arxil tras rematar a primeira volta en postos de play-off de ascenso
Por Redacción |
-
Tropezo do Arxil en León (86-79)
Por Redacción |
-
Solvente triunfo do Arxil ante o Tenerife (79-46)
Por Redacción |