O Arxil gaña en Avilés e saca billete para o play-off (44-53)
Por Redacción
O Arxil logrou este sábado unha importante vitoria en Avilés que lle permite afianzarse na terceira praza da clasificación e certificar o pase para o play-off.
Pero o equipo pontevedrés tivo serios problemas para conseguir un novo triunfo. As asturianas apertaron os dentes en defensa e ao Arxil custoulle penetrar. A pesar diso, ao finalizar o primeiro cuarto xa se fixeron cunha pequena vantaxe de cinco puntos (10-15).
No segundo as cousas melloraron para as de Mayte Méndez. Ribeiro e Nerea Liste comanzaron a ofensiva e ampliaron o colchón antes do descanso (23-33).
Tras o paso polos vestiarios o Avilés creceuse e empezou a complicar o traballo dun Arxil ao que lle estaba custando facerse cos rebotes, pero as locais tamén o pasaban mal á hora de anotar e o tenteo mantívose baixo aínda que con vantaxe para as de Lérez (35-42).
Xa no último cuarto, Nerea Liste volveu poñer o mono de traballo para liderar ao seu equipo e marcar diferenzas. As locais trataron de aguantar, pero perderon durante uns minutos ao seu mellor xogadora, Lucía Martínez, por un golpe no xeonllo.
O cadro avilesino tentouno como puido e apertou o resultado en seis puntos a falta de corenta segundos para a conclusión, pero as de Mayte Méndez xogaron mellor as súas cartas e, pese ao sufrimento, sumaron un novo triunfo por 44-53 para seguir o ronsel do Segle XXI e do Hierros Díaz Miralvalle Estremadura.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
Procura de 20.000 euros no Arxil para poder custear a fase de ascenso
Por Diego Espiño |
-
O Arxil xa coñece que rivais o esperan na fase de ascenso
Por Diego Espiño |
-
O Arxil perde en Tenerife e xogarase o terceiro posto contra o León (63-61)
Por Redacción |
-
Fin á xeira positiva do Arxil, sorprendido no CGTD polo Mataró (68-69)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Arxil supera o Tenerife e suma a súa quinta vitoria consecutiva (69-51)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil aférrase á vitoria ante o Magectias (63-59)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil faise co derbi ante o Maristas (63-69)
Por Redacción |
-
Sufrida vitoria do Arxil ante o Geieg (64-57)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Nerea Liste e os seus números de 'MVP' ata nos días complicados
Por Redacción |