Camiño dun dos maiores desprazamentos de afeccionados granates dos últimos anos
Por Diego Espiño
A 'Marea Granate' segue a engordar camiño ao partido do próximo domingo 14 de abril no Estadio Vero Boquete San Lázaro de Santiago de Compostela.
O desprazamento de seguidores do Pontevedra Club de Fútbol vai camiño de converterse nun dos máis importante das últimas tempadas, aínda que a cifra final será difícil de medir ata o propio día do partido ante a Sociedade Deportiva Compostela.
Por unha banda o club granate confirmou que á primeira hora do xoves despachara xa 258 entradas nas súas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón, estando a só dúas prazas de completar o segundo autocar.
A Marea Granate tomará as rúas de Santiago este domingo‼️
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) April 11, 2024
258 entradas despachadas nas oficinas de Pasarón
2 plazas para completar o 2º bus
Aínda se poden retirar entradas soltas nas oficinas de Pasarón ata o venres ás 14:00#ComposPontevedra #UPQSC pic.twitter.com/EqflsHn0eT
A esta cantidade se seguidores xa confirmados únense os que adquiriron os billetes directamente na plataforma virtual habilitada polo Compostela, e que teñen a intención de desprazarse ata a capital galega en transporte público ou polos seus propios medios.
As entradas para o encontro fronte ao Compostela teñen un custo de 15 euros para o público adulto no sector reservado para afeccionados granates, mentres que os menores de entre 3 e 16 anos deberán pagar 5 euros.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias: "Continuamos na loita e na pelexa e dependendo de nós"
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Empate amargo do Pontevedra contra o Compostela (2-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias: "Volver a San Lázaro e velo de granate será o máis bonito de todo"
Por Almu Dapena |
-
Tres xogadores do Compostela, sancionados para a visita do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Chiqui arenga á afección: "Cada campo de Galicia que imos fan un mini-Pasarón e iso valorámolo moitísimo"
Por Diego Espiño |
-
Habilitan un segundo autobús gratuíto para acompañar o Pontevedra en Santiago de Compostela
Por Redacción |
-
Abonados á 'media inglesa' para achegarse ao ascenso
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' prepara a invasión do Vero Boquete
Por Diego Espiño |