Chiqui arenga á afección: "Cada campo de Galicia que imos fan un mini-Pasarón e iso valorámolo moitísimo"
Por Diego Espiño
O encontro do próximo domingo 14 (16.30 horas) entre Compostela e Pontevedra Club de Fútbol no Estadio Vero Boquete San Lázaro de Santiago será "unha festa do fútbol galego".
Así o espera polo menos Óscar Castellano, 'Chiqui', un dos futbolistas máis en forma do plantel granate que este mércores en rolda de prensa defendeu que "temos que estar cos pés no chan" porque "aínda non fixemos nada", en relación ao obxectivo do ascenso.
O extremo pediu á afección pontevedresa "que goce" co feito de estar a pelexar polo primeiro posto, e arengou a uns seguidores que se espera desprácense en número importante para apoiar o equipo na capital galega.
"Levan demostrando durante todo o ano que están connosco, a cada campo de Galicia que imos fan un mini-Pasarón e nós iso valorámolo moitísimo", afirmou Chiqui.
En canto ao choque, o futbolista granate afirma que "imos ir a Santiago a por os tres puntos", e que "sabemos que veñen catro finais pero só pensamos nesta, porque no momento no que penses noutra estás equivocado".
Ademais "sabemos que vai ser un rival moi difícil. Eles tamén teñen o seu obxectivo, vai ser un derbi moi bonito. Se perden esta fin de semana as súas opcións de play-off son moi poucas, así que van saír a morte", analizou o futbolista na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias: "Continuamos na loita e na pelexa e dependendo de nós"
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Empate amargo do Pontevedra contra o Compostela (2-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias: "Volver a San Lázaro e velo de granate será o máis bonito de todo"
Por Almu Dapena |
-
Camiño dun dos maiores desprazamentos de afeccionados granates dos últimos anos
Por Diego Espiño |
-
Tres xogadores do Compostela, sancionados para a visita do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Habilitan un segundo autobús gratuíto para acompañar o Pontevedra en Santiago de Compostela
Por Redacción |
-
Abonados á 'media inglesa' para achegarse ao ascenso
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' prepara a invasión do Vero Boquete
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Vou coa sensación de marcar poucos goles co que fixemos"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Traballado triunfo do Pontevedra ante o Covadonga para volver ser líder en solitario (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |