Tres xogadores do Compostela, sancionados para a visita do Pontevedra
Por Diego Espiño
As baixas serán un hándicap importante para o próximo rival do Pontevedra Club de Fútbol en liga, a Sociedade Deportiva Compostela.
O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol confirmou este mércores o castigo a tres futbolistas do equipo santiagués, que por tanto perderán o derbi do próximo domingo no que os granates queren dar un paso de xigante cara ao ascenso.
En concreto Competición ratificou a suspensión por cumprir ciclo de amoestacións de Parapar de Pablo Antas, dous dos xogadores que máis minutos acumulan esta tempada co seu equipo.
Ademais Juampa foi castigado con dous encontros pola vermella directa viu fronte ao Coruxo.
Cabe destacar que Parapar e Juampa, con cinco e catro tantos respectivamente, son o segundo e terceiro máximo goleador do Compostela só superados por Manu Barreiro (10 goles).
Aínda por riba, o conxunto santiagués tamén terá fronte ao Pontevedra a baixa por lesión de Álvaro Casas por un contratempo muscular sufrido na última xornada.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias: "Continuamos na loita e na pelexa e dependendo de nós"
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Empate amargo do Pontevedra contra o Compostela (2-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias: "Volver a San Lázaro e velo de granate será o máis bonito de todo"
Por Almu Dapena |
-
Camiño dun dos maiores desprazamentos de afeccionados granates dos últimos anos
Por Diego Espiño |
-
Chiqui arenga á afección: "Cada campo de Galicia que imos fan un mini-Pasarón e iso valorámolo moitísimo"
Por Diego Espiño |
-
Habilitan un segundo autobús gratuíto para acompañar o Pontevedra en Santiago de Compostela
Por Redacción |
-
Abonados á 'media inglesa' para achegarse ao ascenso
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' prepara a invasión do Vero Boquete
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Vou coa sensación de marcar poucos goles co que fixemos"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Traballado triunfo do Pontevedra ante o Covadonga para volver ser líder en solitario (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |