Sete equipos clasifícanse para a fase final do Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Daniel Santomé
O premio ben merecía a ilusión depositada polas pequenas promesas do fútbol galego reunidas durante dous días nas instalacións da Xunqueira.
Un total de 31 equipos de toda Galicia participaron durante a tarde do xoves e o venres durante toda a xornada na fase previa do 17 Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Fútbol-7 Benxamín.
A recompensa, sete postos para disputar a fase final, os días 13 e 14 de xuño, na que estarán canteiras do talle de Barcelona, Madrid, Porto ou Atlético de Madrid, entre outros.
A competición previa dividiuse en dous grupos, un para os equipos da delegación pontevedresa e outro para o resto de clubs de Galicia.
Os clasificados foron finalmente Salgueiriños, ED Arousa, Atlético Cuntis, Coruxo, Pabellón, Xuventude Oroso e Santa Mariña.
O resto de particpantes na previs foi: Pontevedra CF, Villa de Marín, Arosa SC, Ribadumia, ED Poio, Arcade, Verdugo, San Martín, Moraña, AD Sagrado, Figueirido, Portas, Praia Covas, Ourense CF, Rápido de Bouzas, Val Miñor, EF Lalín, Choco, ED Ourense, Victoria, Bertamiráns, Areosa, Santa María del Mar e Imperátor.
Relacionadas:
-
O Barcelona rompe o dominio luso ao derrotar o Benfica no "XVII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Emoción, goles e bo xogo na primeira xornada do XVII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Cartel de luxo para o XVII Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
F.C. Porto revalida título vencendo de novo na final (5-2) ao S.L. Benfica
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |