Cartel de luxo para o XVII Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño
O campo da Xunqueira será unha vez máis escenario, o sábado 13 e o domingo 14 de xuño, da espectacular fase final do Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín Cidade de Pontevedra.
A cita, organizada pola Escola de Fútbol Portero 2000, contará cun cartel de luxo na súa décimo sétima edición.
Ademais do club organizador outros 17 equipos loitarán polo título que o pasado ano gañou o Porto ante os seus veciños do Benfica.
Os dous clubs lusos repiten, pero destaca a presenza tras un par de anos do Fútbol Club Barcelona, ademais de equipos como o Athletic Club, Luceafarul Cluj (Romanía), Sporting de Gijón, Sporting Braga, Celta, Deportivo, Valladolid ou Lugo.
Completan o cartel a AJ Lérez como campión pontevedrés e os vencedores da fase previa: Coruxo, ED Arousa, Salgueiriños, Xuventude Oroso, Atlético Cuntis, Pabellón e Santa Mariña.
O torneo arrancará ás 10:00 horas do sábado nunha xornada que se prolongará ata as 21:00 horas, mentres o domingo a competición contará cunha xornada matinal que conluirá coa final, prevista para as 13:45 horas.
Álex López, futbolista do Celta, exerceu como padriño da presente edición na presentación celebrada no Hotel Galicia Palace de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Barcelona rompe o dominio luso ao derrotar o Benfica no "XVII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Emoción, goles e bo xogo na primeira xornada do XVII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Sete equipos clasifícanse para a fase final do Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Daniel Santomé |
-
F.C. Porto revalida título vencendo de novo na final (5-2) ao S.L. Benfica
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |