Trinta porteros xúntanse en Príncipe Felipe para participar nun campus de fútbol
Por Redacción
Unha trintena de nenos participan durante toda a semana na primeira edición do Campus Azero Cidade de Pontevedra, un programa formativo especificamente para porteiros.
O campus, que se desenvolve nas instalacións deportivas de Príncipe Felipe, está dirixido a nenos de entre os 7 e os 16 anos, que experimentan de primeira man a rutina diaria dun profesional desta demarcación.
Ademais de cinco xornadas de adestramento centradas na actividade dos gardametas, os participantes están a recibir charlas técnicas, sesións de vídeo e participan noutras actividades complementarias de lecer e convivencia.
Edu Sousa, porteiro e capitán do Pontevedra Club de Fútbol, é un dos monitores da primeira edición deste campus.
Acompáñano o tamén gardameta en activo Alberto Domínguez (Coruxo) e Antonio Rodríguez, adestrador de porteiros da escola de fútbol Portero 2000.