Contra todo pronóstico, o Peixe vence a un dos rivais máis duros, o Navarra (81-69)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Despois dunha importante vitoria ante o Tormes nun intenso duelo, ao Peixegalego tocoulle medirse ao vixente subcampión de LEB Prata, o Basket Navarra. Nesta ocasión, coa fortuna de xogar ante a súa afección na Raña. A pesar de ser a igualdade a tónica da primeira metade do encontro, o cadro marinense soubo aproveitar as oportunidades e manterse así superior en momentos clave, comezando o segundo tempo por enriba.
Os do Peixe arrancaron o duelo enchufados, mandando no luminoso durante boa parte do tempo. Ao pouco do inicio do partido xa superaban aos navarros por seis puntos (6-0). Despois de case catro minutos de xogo era un resultado de 12-1 o que lles outorgaba unha vitoria provisional.
Con todo, a medida que se achegaba o termo do cuarto, os visitantes ían gañando forza. Tanto foi así que, nos últimos tres minutos, o Basket Navarra non só igualou o marcador, senón que chegou a superar aos marinenses (16-20).
A pesar de que comezaron os pontevedreses en desvetaja o segunto parcial, conseguiron sobrepoñerse aproveitando varios erros dos navarros, para volver liderar o partido. Desta forma, os de Javi Llorente fóronse ao descanso cun esperanzador 36-33.
Os seguintes 10 minutos, máis do mesmo. A igualdade continuaba reinando na pista. Nada parecía estar decidido no terceiro cuarto. O Peixe continuou loitando por ser máis forte que os subcampións e, pola súa banda, os visitantes seguiron tratando de recortar distancia cos marinenses, que, contra todo prognóstico, tiveron o control do balón gran parte do tempo. Con todo, os navarros non foron quen de manter o nivel, chegando a estar doce puntos por baixo no marcador (58-46).
A pesar de varias perdas de balón durante os minutos finais do partido, o Peixegalego mantivo a tónica de xogo e coroouse como campión ante un dos rivais máis complicados da categoría e cun merecido resultado (81-69)
Consulta aquí as estatísticas do Peixegalego-Basket Navarra.
Relacionadas:
-
O Peixe plántalle cara ao Igualatorio Cantabria e logra a súa quinta vitoria (76-61)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O Peixe Galego prepara a visita do líder con promocións para os seus socios
Por Redacción |
-
O último cuarto condena o Peixe Galego en Azpeitia (71-66)
Por Redacción |
-
O Peixegalego cae ante o Ávila (69-76) e suma a súa terceira derrota consecutiva
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Peixegalego xa non é invencible e cae ante o Aquimisa (74-75)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Peixegalego cae ante o Baskonia despois dunha tempada invicto (79-70)
Por Redacción |
-
Remontada do Peixe Galego para impoñerse ao Cáceres (77-68)
Por Redacción |