A prórroga acaba co Arxil despois dun partido moi axustado ante o ABDA Avilés (79-75)
Por Redacción
O Arxil viaxou esta fin de semana a Asturias para enfrontarse ao ABDA Avilés, equipo da parte baixa da táboa contra o que conseguiron as pontevedresas sumar os dous puntos na primeira volta.
Con todo, nesta ocasión, ante o afán das locais por abandonar os postos de descenso e o feito de xogar estas na casa (algo moi importante cando un equipo xógase a permanencia), as galegas non lograron facer nada. Aínda despois dun partido moi axustado que tivo que chegar a prórroga.
A pesar da renda establecida polas de Mayte Méndez durante a primeira parte (32-38), o xogo estivo bastante igualado. Apoiadas, nesta ocasión, sobre todo, na estadounidense Cassie Oursler (22 puntos) e Chantelle Pressley (16), as arxilistas fixeron o posible por finalizar o período inicial por diante. E así o fixeron, mesmo ante eficiencia das xogadoras Virginia Sáez e Alicia Villegas de cara a canastra (20 puntos cada unha).
A dinámica sufriu un cambio na segunda parte do choque. As anfitrioas aumentaron a súa intensidade de xogo e, aproveitando varios erros cometidos polas súas rivais, recortaron distancias, tanto que cando se cumpriron os 40 minutos de partido, o marcador mostraba un 70-70.
O empate obrigou aos dous equipos a prepararse para a prórroga, que, aínda que foi reflexo de todo o duelo (polo equilibrio entre ambos os cadros), condenou ás pontevedresas a abandonar Avilés cun amargo sabor de boca ante o que puido ser e que deixaron en Asturias: os importantes dous puntos.
A próxima semana recibirán no CGTD ao Maristas Coruña, equipo que ocupa o segundo posto pola cola da categoría, para disputar o derbi no que buscarán o desquite polo partido da primeira volta.
Relacionadas:
-
As do Arxil apóianse na súa afección e derrotan ao Rioja a falta de dous partidos para o final (81-73)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Estivo preto pero non conseguiu o Arxil a vitoria ante o Ardoi en Navarra (90-77)
Por Sofía Lorenzo |
-
Vitoria de dobre valor do Arxil sobre Maristas Coruña (82-52)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Final pola permanencia para o Arxil no CGTD
Por Redacción |
-
Volve conseguilo o Arxil no CGTD ante un dos complicados, o Lima-Horta (73-62)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Un fantástico terceiro cuarto do Arxil condena ao Barça CBS na súa pista (69-78)
Por Sofía Lorenzo |
-
Un CGTD vestido de verde non impide a derrota do Arxil ante o Aros de León (63-78)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |