Todos a un tempo polo ITU Multisport Festival
Por Redacción & Mónica Patxot
O Centro de Interpretación das Torres Arzobispales (CITA) foi escenario este xoves dun acto institucional co que se entra na recta final da conta atrás do gran evento deportivo do ano na cidade e en Galicia, o ITU Multisport Festival, a menos xa dun mes para a súa celebración.
Representantes dos diferentes grupos da corporación municipal, encabezados polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ademais da presidenta da Deputación, Carmela Silva, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, evidenciaron a unidade con respecto ao que supón a nivel deportivo e económico acoller en Pontevedra os campionatos do Mundo de tríatlon de longa distancia, tríatlon cros, dúatlon, acuatlón e aquabike.
"Estamos listos para que Galicia e Pontevedra se convertan no epicentro do deporte mundial", sinalou por exemplo o máximo responsable do deporte autonómico.
Tamén interveu no acto uno dos grandes embaixadores do ITU Multisport, o triatleta pontevedrés Pablo Dapena, actual campión do Mundo de longa distancia.
Ao final, un brinde serviu para pedir un desexo conxunto, que a organización sexa todo un éxito e que Pontevedra, do 27 de abril ao 4 de maio, convértase en toda unha festa deportiva que leve a boa imaxe da cidade aos cinco continentes.
Relacionadas:
-
Deportistas de 54 países participarán en Pontevedra no ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |
-
Do you speak english? A hostalería pontevedresa prepárase para os Mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
Pablo Dapena sobe ao podio de Salou a menos dun mes para o mundial
Por Redacción |
-
Saleta Castro, Gómez Noya e Pablo Dapena, confirmados no equipo nacional do ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
A Orquestra Panorama, Mercedes Peón e Dr Queen actuarán en Pontevedra con motivo do ITU Multisport
Por Almu Dapena |
-
A hostalería da cidade implícase no ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |
-
Gómez Noya sobre o ITU Multisport de Pontevedra: "Se este Mundial fose en calquera outro lugar posiblemente non o correría"
Por Diego Espiño |