Saleta Castro, Gómez Noya e Pablo Dapena, confirmados no equipo nacional do ITU Multisport Festival
Por Redacción
A Federación Española de Tríatlon confirmou aos seus equipos de categoría elite para o ITU Multisport Festival, os campionatos do Mundo que se celebrarán en Pontevedra entre o 27 de abril e o 4 de maio.
Neles, tal e como se prevía tras a preselección de hai uns meses, hai unha importante presenza de deportistas locais, que pelexarán por obxectivos ambiciosos especialmente no mundial de tríatlon de longa distancia.
Nesa proba, prevista para o día 4 de maio, competirán dentro do equipo nacional Pablo Dapena, en busca de revalidar o seu título, e Javier Gómez Noya en categoría masculina e tamén Saleta Castro, actual subcampioa nacional da distancia, na feminina. Ademais na convocatoria figura o tudense Gustavo Rodríguez xunto a Albert Moreno, Ander Okamika, Gurutze Frades, Anna Noguera, Judith Corachán e María Pujol.
Nos que respecta ao dúatlon figura dentro do equipo nacional Joselyn Brea, atleta venezolana afincada desde hai anos en Pontevedra. O resto do equipo español estará composto por Irene Loizate, Marío Varo, Sonia Bejarano, Emilio Martín, Antonio Benito, Cristóbal García, Javier Martín e Luis Miguel Martín en elite; María Pintanel, Tania Álvarez, Carlos Oliver e Sergio Correa en idade Sub-23; e Laura Durán, Natalia Hidalgo, Ángel Sánchez e Sergio Baxter en júnior.
Por último en tríatlon cros os equipos españois elite estarán formado por Laura Gómez, Rocío Espada, Rubén Ruzafa, Kevin Tarek Viñuela e Camilo Puertas.
Relacionadas:
-
Brillante medalla de prata para Gómez Noya en Bermuda na súa volta ás Series Mundiais
Por Diego Espiño |
-
Volta ás Series Mundiais para Gómez Noya antes de competir en Pontevedra
Por Redacción |
-
Saleta Castro, lista para o Mundial de Pontevedra: "Sería un soño estar entre as dez primeiras"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- O camiño de cinco triatletas kenyanos cara ao ITU Multisport de Pontevedra, convertido nun documental
Por Redacción |
-
Deportistas de 54 países participarán en Pontevedra no ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |
-
Pablo Dapena sobe ao podio de Salou a menos dun mes para o mundial
Por Redacción |
-
Todos a un tempo polo ITU Multisport Festival
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Gómez Noya sobre o ITU Multisport de Pontevedra: "Se este Mundial fose en calquera outro lugar posiblemente non o correría"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, ante o Mundial de Pontevedra: "Se Javi (Gómez Noya) vai competir realmente a presión é para el"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Gómez Noya, Pablo Dapena e Saleta Castro, na preselección española para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño |