Deportistas de 54 países participarán en Pontevedra no ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción
O ITU Multisport Festival de tríatlon que se celebrará en Pontevedra entre o 27 de abril e o 4 de maio será todo un éxito de participación, a teor das cifras oficiais feitas públicas pola organización unha vez pechado o prazo de inscrición.
Preto de 4.000 deportistas de ata 54 nacionalidades estarán presentes na Boa Vila para competir nos mundiais de dúatlon, tríatlon cros, acuatlón, aquabike e de tríatlon de longa distancia, superando amplamente ás dúas edicións do Multisport celebradas previamente en Fyn (Dinamarca) e Penticton (Canadá).
Entre os países con maior presenza, ademais de España, destacan as delegacións de Gran Bretaña (927 atletas), Estados Unidos (751), Portugal (case 200 deportistas), Brasil (161) ou Australia (150).
A disciplina que congregará un maior número de deportistas é o dúatlon (1.280), coas modalidades sprint e standard, seguida polo Mundial de Tríatlon de Longa Distancia con 900 triatletas, entre elite e grupos de idade.
Sumando as cinco disciplinas haberá 220 participantes en categoría elite, e a media de idade sitúase entre os 45 e 49 anos entre os grupos de idade, con ata 22 participantes de máis de 80 anos.
Un evento que transcenderá dos deportivo, xa que o impacto económico será tremendamente importante ao ser a previsión media de estancia dos deportistas, especialmente estranxeiros, de 3 e 4 noites.
Relacionadas:
-
Ata 70.000 bebidas ao servizo dos deportistas durante o ITU Multisport
Por Redacción |
-
O Club Ciclismo Triatlón Poio, preparado para o desafío mundialista
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O camiño de cinco triatletas kenyanos cara ao ITU Multisport de Pontevedra, convertido nun documental
Por Redacción |
-
Conta atrás para os mundiais de tríatlon: así afectarán ao tráfico en Pontevedra
Por Redacción |
-
O ITU Multisport provocará restricións de tráfico no casco histórico os sábados 27 de abril e 4 de maio
Por Redacción |
-
O Concello asegura ás praceiras o acceso ao Mercado de Abastos durante a celebración do Tríatlon
Por Olaya Madrigal & Nacho Fuentes |
-
Saleta Castro, Gómez Noya e Pablo Dapena, confirmados no equipo nacional do ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
Todos a un tempo polo ITU Multisport Festival
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Gómez Noya sobre o ITU Multisport de Pontevedra: "Se este Mundial fose en calquera outro lugar posiblemente non o correría"
Por Diego Espiño |