Derrota do Cisne na súa estrea no Campionato de España Cadete
Gran ambiente nas bancadas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra na estrea da fase final do Campionato de España Cadete de Balonmán.
A atención estaba centrada especialmente no debut o equipo local, o Club Cisne, que pechaba a xornada medíndose ao FC Barcelona.
Os pontevedreses deron a cara, aínda que terminaron cedendo por un resultado 24-35. Os pupilos de Óscar Arosa mantiveron a igualdade durante os primeiros 15 minutos de xogo (7-9), pero despois víronse superados polo potencial do cadro catalán.
A pesar da derrota o Cisne ten aínda moito que dicir no campionato, que continúa este xoves coa segunda xornada na que se enfrontarán ao Ademar de León (20:30 horas), mentres que o venres o rival será o Ikasa Madrid.
O outro partido do grupo concluíu con vitoria de Ademar contra o Ikasa Madrid (26-14), mentres que no Grupo 2, con sede no pavillón de Príncipe Felipe, San Agustín venceu a Leganés (36-15) e Granollers a Zarautz (41-32).
Partido entre Cisne e Barcelona no Campionato de España Cadete
Primeira xornada do Campionato de España Cadete Masculino de Balonmán no CGTD
© Nacho Fuentes
Relacionadas:
-
O pontevedrés Carlos Álvarez, convocado cos Hispanos Promesas para xogar o Europeo Open
Por Redacción |
-
O Granollers proclámase en Pontevedra mellor equipo cadete de España ao derrotar ao Zarautz
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Cisne cadete despídese do Nacional coa cabeza alta
Por Redacción |
-
Cita coa historia para o Cisne na fase final do Campionato de España Cadete
Por Diego Espiño |
-
Conceden ao Cisne a organización da fase final do Campionato de España Cadete
Por Redacción |
-
A vitoria ante o Valladolid clasifica o Cisne cadete para a fase final do Campionato de España
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |