O Áncora D'Ouro leva o seu programa educativo 'Futsalesco' ao CEIP Seixo
Por Redacción
O programa educativo 'Futsalesco' que promociona o fútbol sala a través dos valores educativos, arbitrais e nutricionais e que promove o club Áncora D'Ouro de Marín chegou esta semana ao CEIP Seixo.
Técnicos do club marinense acompañados polo colectivo arbitral da Real Federación Galega de Fútbol e membros de staff do club deron a coñecer a máis de 100 alumnos do colexio, os valores do deporte e a claves para ser un bo deportiva.
O programa proxéctase durante as clases de educación física cunha duración de 50 minutos, nos que o persoal técnico de club codirixe a clase realizando actividades técnicas, unha charla formativa de valores en colaboración de colexiados da RFGF, un obradoiro práctico de nutrición e actividades de habilidades técnicas da modalidade de fútbol sala, finalizando con partidos 3x3.
Esta iniciativa, que terá continuidade en centros de ensino de Marín e Pontevedra, serve como recuerzo á campaña de captación que puxo en marcha o Áncora D' Ouro durante todo o mes de xuño coincidindo cunhas xornadas de portas abertas.
Relacionadas:
-
A ANPA Abelendos de Seixo pide axuda para custear o seu proxecto de igualdade
Por Redacción |
-
Áncora D'Ouro, Juventud Cambados e o Colexio Sagrado Corazón, entre os premiados na Gala do Fútbol Galego
Por Redacción |
-
O Áncora D'Ouro aposta polo fútbol sala feminino no seu 30 aniversario
Por Redacción |