O galego Santiago Sánchez, na repesca polo bronce no Europeo de loita
Por Redacción & Diego Torrado
O Europeo de Loitas, que se desenvolve no Municipal de Pontevedra desde o pasado luns, está a piques de chegar ao seu fin. Tan só falta a xornada deste domingo, na que terá lugar a xornada de clausura.
Con todo, sen adiantar acontecementos, cabe destacar o resultado do galego Santiago Sánchez ao finalizar as probas deste sábado. O deportista do Keltoi Vila de Cruces caeu en oitavos de final ante o armenio Mher Markosyan, vencedor da clasificatoria ante o sueco Mohammad Sardar.
Pero a traxectoria vitoriosa do seu rival, que se meteu directamente na final, deu unha segunda oportunidade a Sánchez, que disputará a repesca por pelexar este domingo polo bronce en 86 quilos. Será Sardar o opoñente do español, acontecemento tras o que se logra saír vitorioso, seguirá unha segunda eliminatoria, nesta ocasión, contra o bielorruso Yaraslau Ladkouski, para, finalmente, pelexar polo terceiro posto ante o ruso Slakiv Naniev.
Pola súa banda, outro dos españois, Carlos Yobani, que xa competiu este venres, quedou en cuartos (65 quilos), ao non ser quen de derrotar ao alemán Leon Gerstenberger (10-0).
Deben sinalarse as palabras do director técnico da área de promoción e desenvolvemento da Federación Galega de Loita, Pablo Pintos: "De vinte e sete españois entre as tres disciplinas (grecorromana, loita olímpica e loita feminina), só se gañaron tres combates e deles dous foron de galegos, o 66,6% dos triunfos”. Polo que Galicia ocupa un posto de honra na competición a nivel Nacional en loita olímpica.
Doutra banda, a española María Vitoria Báez conseguiu o bronce ao vencer á francesa Ruiz (7-2) en 57 quilos.
Consulta os resultados da penúltima xornada do Europeo de Loita.
Relacionadas:
-
Conceden a Pontevedra a organización do Mundial de Loita Sub-23 en 2022
Por Diego Espiño |
-
Santiago Sánchez queda sen o bronce na última xornada do Europeo de Loita
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A loita feminina toma o protagonismo no Europeo Júnior de Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A inauguración do Europeo Júnior de Loitas Olímpicas coloca a Pontevedra como "capital do deporte"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Municipal levanta o pano do Campionato de Europa Júnior de Loitas Olímpicas
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |