O Bádminton Ravachol renova a Miguel Sanluis e ficha a Amaia Torralba
Por Redacción
O Bádminton Ravachol pecha a súa primeira fichaxe para a próxima tempada. Amaia Torralba reforzará o plantel do equipo de Primeira Nacional cedida desde o CB Belmecher de Navarra. A intención do club, que levaba tempo seguindo á moza xogadora, é que forme parte da modalidade individual e alterne con Ana Carbón nas aliñacións.
Ao mesmo tempo, o club confirma a renovación de Miguel Sanluis, un dos alicerces do equipo masculino. O estradense asina por un ano mais no primeiro equipo, cedido desde o CB A Estrada.
Aínda que o club segue buscando novas incorporacións, o groso do equipo está cuberto con Manuel Brea, Alejandro Nogueira, Miguel Sanluis, Ana Carbón, Raquel Miguens, Noelia Gestoso e Amaia Torralba.
Relacionadas:
-
Éxito do Bádminton Pontevedra en Collado Villalva e As Neves
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol pecha o seu plantel coa fichaxe de Gabriel Fernández
Por Redacción |
-
Pablo Sanmartín e Miguel Serrano, novas fichaxes do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
Raquel Miguens e Noelia Gestoso tamén renovan co Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol ata a continuidade de Ana Carbón
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol comeza coas renovacións no seu equipo de Primeira Nacional
Por Redacción |