Portugal elimina a Alemaña na prórroga e Dinamarca sofre diante de Hungría
Por Manu Otero
O Mundial Júnior de Balonmán que se está disputando en Vigo e Pontevedra entra nas súas últimas xornadas. Este mércores disputáronse as oito eliminatorias de oitavos de final nas que España quedou eliminada tras perder contra Francia na última xogada do partido. Pero non foi a única sorpresa desta rolda. No duelo de favoritos entre Portugal e Alemaña (37-36), os lusos tiveron que recorrer á prórroga para dobregar ao combinado xermano. Tunes, pola súa banda, deu a badalada ante Suecia (29-26) e Brasil puxo fin ao seu soño cunha axustada derrota frenta a Noruega (29-28).
Non ocorreu o mesmo co resto de favoritos que liquidaron as súas eliminatorias non sen pasar apuros. Dinamarca venceu pola mínima a Hungría (30-29), igual que Exipto, que conta os seus partidos por vitorias, a Serbia (30-29). Só Croacia e Eslovenia bateron con comodidade a Islandia (29-16) e Corea do Sur (32-28).
O encontro máis emocionante da xornada foi o que enfrontou ás seleccións de Portugal e Alemaña. Tras sesenta minutos de extrema igualdade, os xermanos lograron igualar a contenda nos últimos segundos de partido. Mentres o celebraban, os lusos sacaron rápido, viron a portería baleira e anotaron desde o centro do campo sobre a bucina. Estalaron de xúbilo, pero os xuíces de mesa determinaron que o tempo xa se consumira e anularon o tanto.
Coas forzas moi xustas chegaron á prórroga e, aínda que Portugal só gañou por un tanto de diferenza, no tempo extra foron moi superiores aos seus rivais. Durante os dez minutos adicionais estiveron a maior parte do tempo cun cómodo colchón de dous tantos que lles asegurou finalmente a clasificación.
Este xoves está prevista a disputa dos catro partidos de cuartos de final que enfrontará a Exipto con Noruega (18.45 h) e a Francia con Dinamarca (21.00 h) na sede viguesa de As Travesas. Mentres que no Municipal pontevedrés enfrontaranse Portugal con Eslovenia (18.45 h) e Croacia con Tunes (21.00 h)
Relacionadas:
-
Francia gaña o Mundial Júnior de balonmán ao derrotar a Croacia
Por Sofía Lorenzo |
-
Francia ou Croacia, só un pode ser o mellor do mundo
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Francia vence a Dinamarca nunha final anticipada do Mundial Júnior e plántase en semifinais
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
España cae por penaltis ante Alemaña e finaliza o Mundial Júnior de balonmán na décima praza
Por Redacción & Diego Torrado |
-
España afúndese na última xogada despois de romontar seis goles a Francia
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Croacia e Dinamarca avanzan a oitavos de final do Mundial Júnior de balonmán como primeiras de grupo
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Dinamarca cae ante Islandia e dá emoción ao grupo D do Mundial júnior de balonmán
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz |
-
Dinamarca afianza o seu dominio cunha plácida vitoria sobre Arxentina no Municipal de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Croacia arrebata o liderado do grupo C a Brasil en Pontevedra na segunda xornada do mundial de balonmán
Por Manu Otero |
-
Dinamarca afoga a Alemaña en Pontevedra e Islandia colócase líder do grupo D
Por Manu Otero |
-
Brasil sorprende na primeira xornada do Mundial ao derrotar a Portugal, unha das favoritas
Por Manu Otero |