Teresa Portela fai historia en Hungría e encara os seus sextos Xogos Olímpicos
Por Sofía Lorenzo
A padeeira Teresa Portela conseguiu, este sábado, o billete de ouro aos Xogos Olímpicos de Tokio ao terminar a final de K1 en 200 metros do Mundial de Hungría, que está a disputarse este días, entre as cinco primeiras da súa disciplina.
Portela logrou o seu pase directo á final ao terminar primeira a proba previa cun tempo de 39.23. En segunda e terceira praza fixérono a ucraína Mariia Kichasova e a serbia Milica Starovic. Con este resultado, demostrou estar nun momento de inmellorable estado físico.
Na proba deste sábado, que comezou ás 11:30, a padeeira do Morrazo cruzou a liña de meta ao mesmo tempo que a danesa Emma Aastrand, polo que se gañou un merecido terceiro posto na competición mundial que a manda directamente á súa sexta participación nos JJOO. Un feito histórico, non só para a pontevedresa senón tamén para o deporte.
Á galega acompañarana a neozelandesa Lisa Carrington, que conseguiu o ouro na final; a polaca Marta Walczykiewicz, prata na devandita proba, Aastrand e Kichasova.
Pola súa banda, Roi Rodríguez, do Kaiak Tudense, non tivo o seu mellor día e, despois de pasar á final en terceira posición, non consegue a praza para os Xogos ao terminar oitavo a proba definitiva de K1 de 1000 metros masculina.
Relacionadas:
-
A renuncia a facer os clasificatorios olímpicos pendentes pecha a porta a Tokyo a varios padexeiros da comarca
Por Diego Espiño |
-
Dobre medalla de bronce para os piragüistas galegos no test de Tokio
Por Redacción |
-
Os olímpicos galegos únense á loita contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
A selección española de piragüismo, con cinco padeeiros da comarca na lista, proba o campo de regatas de Tokio
Por Redacción |
-
EP Ciudad de Pontevedra consegue a prata por equipos na Baixada do Eume
Por Redacción |
-
A embarcación de Rodrigo Germade, subcampioa do Mundo en Hungría
Por Redacción |
-
O pontevedrés Pablo Graña consegue a primeira medalla de ouro para España no mundial de Hungría
Por Manu Otero |
-
Os padeeiros pontevedreses avanzan con paso firme en Hungría
Por Manu Otero |
-
O piragüismo pontevedrés, ao asalto dunha praza para os Xogos Olímpicos en Hungría
Por Manu Otero |
-
Jenifer Casal, Raquel Rodríguez, Jaime Sobrado e Óscar Graña xa teñen a súa praza no Mundial de distancia maratón
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |