Portonovo, Vilalonga e A Illa, sedes da fase previa da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción
Os campos de Baltar (Portonovo), San Pedro (Vilalonga) e Salvador Otero (A Illa) serán sedes da primeira fase da Copa das Rexións da UEFA que este ano organiza a Real Federación Española de Fútbol entre os días 6, 7 e 8 de decembro. O combinado galego será o anfitrión do grupo F e medirase ás seleccións de Castela a Mancha e Ceuta.
O seleccionador Iván Cancela fará pública a convocatoria ao longo da tarde deste luns. O obxectivo do equipo galego é superar a primeira fase para logo disputar a fase final. Cada país só poderá enviar un representante á fase internacional, polo que as seleccións das 19 federacións territoriais compiten entre si por un posto no campionato continental do futbol semiprofesional.
O primeiro partido desta fase de grupos terá lugar o venres día 6 de decembro en Baltar entre Galicia e Castela a Mancha. Ao día seguinte en Vilalonga veranse as caras manchegos e ceutíes, mentres que o domingo os galegos xogaranse o pase #ante o combinado da cidade autónoma. Todos os partidos están fixados para as 12 horas.
Relacionadas:
-
Galicia golea a Ceuta e xogará contra Euskadi na Fase Intermedia da Copa Rexións UEFA (4-0)
Por Redacción |
-
Galicia estréase ca Copa Rexións UEFA vencendo a Castela A Mancha (2-0) en Portonovo
Por Redacción |
-
A Copa das Rexións UEFA aterra en Portonovo, A Illa e Vilalonga
Por Redacción |
-
Os campos de fútbol de Baltar e San Pedro, sedes do Nacional Sub-16 e Sub-18 seleccións autonómicas
Por Redacción |