Xornada de solidariedade no Pontevedra-Rayo Majadahonda
Por Redacción
A última xornada de liga do ano no Estadio Municipal de Pasarón, prevista para este sábado 14 de decembro (19:00 horas) estará marcada polas iniciativas solidarias organizadas polo Pontevedra Club de Fútbol e polos seus afeccionados.
O club granate, coincidindo co choque ante o Rayo Majadahonda, anunciou unha recollida solidaria de alimentos en favor do Banco de Alimentos.
Para incentivar a participación dos afeccionados, o Pontevedra permitirá que cada socio convide a un acompañante ao partido entregando un quilo de alimentos non perecedoiros.
Por outra banda, o colectivo Siareirxs Granates aposta pola doazón doutros produtos, como son os xoguetes e a roupa de abrigo tan necesaria para pasar a época de frío.
No seu caso, os seguidores instalarán un posto de recollida destes obxectos desde as 12:00 horas ata o inicio do choque na esquina do bar A Pallota, onde se adoitan reunir.
Relacionadas:
-
Oportunidade de ouro para o Pontevedra na visita do Rayo Majadahonda a Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O VAR, segundo Carlos Pouso: "Si el árbitro se equivoca en contra, te jodes"
Por Diego Espiño |
-
Churre: "Mientras no me escache de todo estaré disponible para el míster"
Por Diego Espiño |
-
Xogar lonxe de Pasarón deixa de darlle medo ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
As tarxetas amarelas, un problema para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Remonta o Pontevedra con dous goles de Adighibe a Las Palmas Atlético (1-2)
Por Ramiro Espiño |