A Sociedad Gimnástica regresa á competición tras o parón pola Covid-19
Por Redacción
Cinco meses despois do parón pola Covid-19, as competicións de atletismo regresaron á pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para disputar o I Control de Verán FGA: 'A volta do Atletismo Galego'.
Entre os clubs que se deron cita no evento atopábase a Sociedad Gimnástica, que contou con 18 atletas que non se quixeron perder o regreso do atletimo a Galicia e, concretamente, a Pontevedra.
Algúns dos deportistas xa tiveran contacto co tartán despois do confinamento, xa que se desprazaron a Portugal para competir. Con todo, para a maioría, esta sería a primeira competición da tempada de aire libre.
A velocidade foi o sector que contou con máis ximnásticos. Nos 100 ml participaron: Raúl Cortizo, que cun rexistro de 11.32 conseguiu a súa mellor marca persoal; Bassirou Diop (11.69); Yago Boleas (12.31) e Javier Carballo, que faría 12.24. Pola súa banda, as mozas que correron a recta da pista foron Cristina Garrido (12.66), Lucía Ferrer (12.94), Marta Barragáns (13.61), Eva Salvado (13.72) e Andrea Villaverde (13.93).
Nos 200 ml, competiron Lucía Ferrer (27.08), Marta Barragáns (28.75) e Raúl Cortizo, que volveu brillar ao facer 22.68, a súa terceira mellor marca persoal. Tamén destacaron David de la Fuente ao ser o máis rápido de todos os participantes nos 800 ml chegando á meta nun tempo de 1:52.88, rexistro que se atopa entre as súas mellores marcas.
Pola súa banda, Matías Moldes e Emmanuel Cabrera debutaron nos valos facendo 47.78 nos 300 m e 1:07.03 respectivamente.
En triplo salto, o atleta sub16 Matías Moldes volveu competir para facerse coa súa mellor marca persoal con 11.49 no seu cuarto intento. Nesa mesma proba, tamén competiron Yago Boleas (12.82 m), Bassirou Diop (12.07 m) e Óscar Monteagudo (10.81 m). A única deportista da Ximnástica que competiu en triplo salto foi Eva Salvado, conseguindo un rexistro de 10.06m.
Por último, en lanzamento de disco, Xulio Ventín alcanzou os 37.19 m, Claudia Puig os 35.24 m no seu primeiro intento e Geles Filgueira os 24.13 m no seu único intento válido da tarde. En martelo, Juan Manuel Barbosa lanzou 43.49 m co artefacto de 7,260kg e Xulio Ventín, 38.47 m co de 6kg. A súa pupila, Iria Filgueira, conseguiu chegar ata o 39.37m.
Relacionadas:
-
A Gimnástica, satisfeita co resultado dos seus atletas no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción |
-
Atletismo na Ponte do Burgo para celebrar a IV edición do Saltar na Rúa
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Atletismo de nivel internacional para celebrar as festas da Peregrina
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica xa ten rivais para a Copa de España
Por Redacción |
-
O atletismo galego reactívase cun control federativo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Jónatas Pereira colócase segundo no ranking nacional sub-20 de lanzamento de xavelina
Por Redacción |
-
Convocadas 160 prazas para a tempada 20/21 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Por Redacción |