O Arxil planta cara ao líder na primeira parte pero derrúbase na segunda (53-93)
Por Manu Otero
Difícil empresa a que afrontaba este martes o Arxil. O líder, invicto e cunhas estatísticas aterradoras, pasou como un furacán pola cancha do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. As verdes trataron de apontoar a súa canastra, pero as defensas só aguantaron os dous primeiros cuartos. Nos dous últimos, as visitantes axustaron as súas pezas en defensa e seguiron pasando por encima das barreiras verdes para asestar a segunda derrota da tempada ás de Mayte Méndez e manter o seu férreo dominio no grupo A de a liga Feminina 2.
O encontro correspondente á xornada 1 da competición que tivo que ser aprazado pola situación sanitaria, comezou cunha inesperada igualdade en todas as facetas do xogo. Aínda así as ferrolás lograron chegar ao final do primeiro cuarto cunha concisa vantaxe de seis puntos (18 - 24).
Despois da continuación, o guion variou pouco. Aínda que as locais eran incapaces de reducir distancias e aos poucos vían como o colchón visitante ía facéndose máis groso. Sara Castro, Heather Forster e Carla Fernández foron as máis prolíficas na procura do aro rival e así lograron que a desvantaxe ao descanso non fose superior aos 16 puntos (35-51).
A historia cambiou por completo logo do paso por vestiarios. O Arxil deixou de atopar o camiño cara á canastra contraria, só foron capaces de anotar 18 puntos, nove en cada período, mentres que as visitantes calcaron 21 puntos no terceiro e cuarto periodo, que serviron para sentenciar o partido e situar o marcados nun desequilibrado 53-93 final.
O poderío baixo aro de Irene Gari Gilabert foi demasiado para o Arxil. A pivote capturou unha decena de rebotes e achegou 12 puntos ao seu equipo para converterse na mellor xogadora do seu equipo. Con permiso de Andrea Boquete e os seus 11 puntos. Nas filas locais a mellor foi Sara Castro que sumou 12 puntos de valoración ao anotar 13 puntos, capturar 3 rebotes e dar 2 asistencias.
Relacionadas:
-
O Arxil respira á conta do Rosalía e suma a súa segunda vitoria da tempada (41-59)
Por Redacción |
-
O Arxil recupera xornada aprazada en Santiago coa necesidade de gañar
Por Redacción |
-
O Arxil suma a súa terceira derrota tras caer no derbi co Cortegada (58-63)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Dous aprazamentos despois, o Arxil prepárase para volver competir
Por Redacción |
-
Suspendido por segunda xornada consecutiva o partido de liga do Arxil, por un positivo no seu rival
Por Redacción |
-
O Arxil retoma a competición decidido a baixar da nube o Baxi Ferrol
Por Redacción |
-
Suspendido o partido da Liga Feminina 2 entre Rosalía e Arxil pola corentena de catro xogadoras santiaguesas
Por Diego Espiño |
-
O Arxil planta cara ante o Celta pero remata caendo por 62-67
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Vitoria sufrida do Arxil na súa estrea ligueira ante o Maristas Coruña (67-73)
Por Almu Dapena |