Cuarto posto para Pablo Dapena e catorce para Saleta Castro no Challenge ST Pölten
Por Almu Dapena
Algúns dos mellores triatletas do panorama internacional déronse cita este domingo en Austria para disputar unha nova proba da franquía Challenge Familly, o Challenge St. Pölten. Entre os máis de 100 deportistas atopábanse os pontevedreses Pablo Dapena e Saleta Castro, que chegaron cuarto e décimo cuarta respectivamente.
Ao redor das 6:30 horas comezou a proba en formato de media distancia cos 1.900 metros de natación. Timo Hackenjos foi o primeiro en saír da auga, seguido por Christophe de Keyser e Pablo Dapena a 41 segundos. Por detrás, a un minuto da cabeza, saía un grupo liderado por Michael Raelert no que ía Iván Raña. Albert Moreno saía case tres minutos despois.
Chegou o segmento ciclista e Frederick Funk fíxose co liderado no quilómetro 20, marchándose moi forte e chegando á T2 en solitario con 4:26 de vantaxe sobre o seu perseguidor máis próximo, Philipp Bahlke. Jan Stratmman estaba a 5:14 e Dapena baixábase da bici en sétima posición a case 8 minutos de Funk.
Xa na carreira a pé, en alemán non tivo rival nos 21 quilómetros. Administrou a vantaxe que conseguira para facerse co primeiro posto cun tempo de 3:44:49. Jan Starmman foi segundo (3:49:25) e Maurice Caravel, terceiro (3:49:56). Pablo Dapena foi cuarto cun tempo de 3:50:04 e Albert Moreno, décimo (03:53:17). Iván Raña chego de 23 (03:57:25).
Saleta Castro foi 14
Na categoría feminina a vitoria foi para a gran favorita, Anne Haug (4:20:17), que se fixo co primeiro posto tras un emocionante sprint final fronte a Imogen Simmonds, segunda a tan só 4 segundos (4:20:31). Terceira chegou Simpática Stage- Nielsen (4:29:36) e a pontevedresa Saleta Castro foi décimo cuarta cun tempo de 04:42:04.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena e Saleta Castro, "con ganas" de dar a batalla no Mundial de longa distancia de Almere
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro consegue unha vitoria na súa preparación para o mundial de longa distancia
Por Redacción |
-
Pablo Dapena chega ao ecuador da tempada cun bronce no Challenge Gdansk
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena viaxa a Polonia a por a súa primeira vitoria do ano
Por Diego Espiño |
-
"Recta final" da preparación para os Xogos Olímpicos de Gómez Noya, que se ve "a moi bo nivel"
Por Manu Otero |
-
O deporte galego referenda o seu compromiso pola igualdade e contra a violencia machista
Por Manu Otero |
-
Pablo Dapena, á fronte do World Bonus da franquía Challenge tras o seu segundo posto en Italia
Por Diego Espiño |