O Arosa pon en marcha a súa campaña de abonados para a tempada 21/22
Por Redacción
A campaña de socios do Arosa para a tempada 2020/2021 poñerase en marcha a próxima semana. Baixo o lema "¡Tú pones la pasión, nosotros la ilusión!", o club arlequinado quere afrontar esta nova etapa en Segunda RFEF e consolidarse na nova categoría co apoio da súa afección.
Como principal novidade, poñerá ao dispor dos usuarios a venda de abonos a través da páxina web, na que se dispoñerá un espazo esfecífico para adquirilos. Unha vez realizado o pago con tarxeta de crédito, ao socio chegaralle un e-mail coa confirmación da reserva que terá que achegar á retirada do abono nas oficinas do club.
Tamén, a diferenza doutros anos, nesta ocasión haberá diferentes tipos de abonos e de prezos. Para o público sénior o abono custará 90 euros en Tribuna, 75 en Preferencia e 50 nos fondos. Os carnés bonificados de pensionista serán de 75 euros en Tribuna e 60 en Preferencia, mentres que a categoría sub 30 e sub 15 custarán 60 e 15 euros respectivamente.
Por último, o Arosa pon a disposición dous carnés especiais. O individual, que permite gozar dunha butaca numerada en exclusiva na zona central de Tribuna por 150 euros, e o de empresa, para o que hai que comprar como mínimo tres e que custa 270 euros. Este é o único carné que será transferible, o resto estarán personalizados.
En canto ao deseño, o abono de Tribuna será de cor vermella, o de Preferencia será azul e os dos Fondos, branco.
Relacionadas:
-
Continuidade no corpo técnico do Arosa para acompañar a Jorge Otero
Por Redacción |
-
O atacante Luis Nuño, terceiro reforzo do Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa segue coas renovacións e oficializa a continuidade de Manu Táboas e Mon
Por Redacción |
-
Luismi únese a Diego Diz na lista de fichaxes do Arosa
Por Redacción |
-
Jorge Fajardo e Ross seguirán un ano máís no Arosa
Por Redacción |
-
Kilian Villaverde, baixa no Arosa
Por Redacción |
-
Julio Rey e Sidibé estrean as renovacións no Arosa
Por Redacción |
-
Jorge Otero regresa ao Arosa para afrontar o reto da Segunda RFEF
Por Diego Espiño |
-
Adrián Cruz despídese do Pontevedra e negocia co Arosa
Por Manu Otero |
-
Rafa Sáez deixa o seu cargo como adestrador do Arosa e pasa aos despachos
Por Diego Espiño |
-
Galicia, Asturias, Madrid e Castela e León: Así será o grupo da Segunda RFEF para Pontevedra e Arosa
Por Diego Espiño |
-
O Arosa é equipo de Segunda RFEF tras superar o Somozas na final polo ascenso (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |