O Arxil, molesto pola confección dunha LF2 que lle fará viaxar a Melilla, Canarias e Andalucía
Por Diego Espiño
A repartición de grupos da Liga Feminina 2 molestou o Club Baloncesto Arxil, que do mesmo xeito que o resto de clubs galegos veranse obrigados a longos desprazamentos na fase regular da tempada.
As pontevedresas ademais de ver as caras co Cortegada de Vilagarcía, Maristas da Coruña e Rosalía de Santiago, terán como rivais ao Universidad de León, aos vascos Ibaizábal e Barakaldo e a dous equipos das Illas Canarias (Adareva Tenerife e Magec Tías de Lanzarote), cuarto andaluces (CB Alhaurín de la Torre, Córdoba, Costa de Almería e Unicaja de Málaga) e tamén ao Melilla La Salle.
"Temos que facer polo menos sete pernoitas e coller tres voos. É unha tolemia económica e de desgaste físico para os equipos do Grupo A", defende o directivo arxilista Lino Vázquez. Todo iso "mentres no Grupo B van e veñen no día", asegura.
En canto aos rivais "é un grupo bastante homoxéneo onde calquera pode gañar a calquera. Hai que esperar ás confeccións dos planteis", sinala Vázquez.
Pese ao enfado, o Arxil avanza estes días en pechar diversos aspectos como as renovacións e tamén en deseñar a súa pretempada, que se fará de rogar debido a que a Liga Feminina 2 non dará comezo ata o 2 de outubro.
Relacionadas:
-
Sufrida vitoria con remontada incluída para o Arxil na visita ao Magectias (50-55)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil apúntase ao 'crowdfunding' para completar o seu orzamento
Por Redacción |
-
O Arxil debutará nunha renovada Copa Galicia co Ulla Oil Rosalía
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario da Liga Feminina 2 para Arxil e Cortegada
Por Redacción |
-
O Arxil confirma a súa inscrición na liga Feminina 2, na que acumula 21 tempadas
Por Redacción |
-
Xornadas de tecnificación nun Arxil que despide a tempada dos seus equipos
Por Redacción |
-
A tempada do Arxil en Liga Feminina 2 comezará o 2 de outubro
Por Redacción |
-
Aprobados os cambios no baloncesto feminino, co Arxil nunha LF2 que pasa a ser a terceira categoría
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Arxil pensando na próxima tempada
Por Redacción |