Un positivo por covid no plantel obriga a suspender os adestramentos do Teucro
Por Diego Espiño
O que lle faltaba á Sociedad Deportiva Teucro. Á súa mala situación clasificatoria, con sete derrotas en sete partidos na División de Honra Prata, sumouse agora o coronavirus.
O club pontevedrés decidiu este martes a suspender do adestramento do primeiro plantel tras detectar un positivo entre os xogadores.
En concreto o xogador afectado foi sometido a un test de antíxenos tras sentir malestar e síntomas compatibles co virus, dando resultado positivo.
Ante o resultado e por precaución, o equipo dirixido por Irene Vilaboa decidiu parar coa intención de minimizar no posible os riscos de contaxio entre o resto do plantel.
A pesar de contar con todo o plantel vacinado e sen necesidade por tanto de confinamento, as dúbidas asaltan agora o club, que puxo a situación en coñecemento do Servizo Galego de Saúde e asegura atoparse á "espera de indicacións sanitarias".
A próxima xornada de liga para o Teucro, polo momento no aire, tería que disputarse o vindeiro sábado 27 de novembro (19.30 horas) na pista do Amenabar Zarautz vasco.
Relacionadas:
-
O Teucro confirma a fichaxe dos brasileiro Marcos Vinícius
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Volta á normalidade do Teucro superado o gromo de covid e pensando xa no partido ante Zamora
Por Diego Espiño |
-
Soben a 4 os positivos por covid detectados no Teucro e aprázase o seu partido contra o Guadalajara
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Aprazado o partido do Teucro en Zarautz á espera dos resultados das PCR aos xogadores
Por Diego Espiño |
-
O Teucro planta cara ao Villa de Aranda pero volve estrelarse (28-34)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro non esperta do seu pesadelo (28-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O seguro ofreceu a Miguel Sío facer "unha excepción" para custear a súa operación de xeonllo
Por Diego Espiño |