A enfermería do Pontevedra suma a Oier Calvillo pero espera baleirarse para a primeira xornada do ano
Por Diego Espiño
Nos últimos días a enfermería do Pontevedra Club de Fútbol sumou un novo inquilino con Oier Calvillo.
O extremo caeu a última hora da convocatoria para viaxar a Langreo tras presentarse no último adestramento da semana con molestias musculares no cuádriceps.
"Ten unha pequena microrrotura e estará de baixa dúas ou tres semanas", confirmou na rolda de prensa posterior ao choque o adestrador granate Ángel Rodríguez.
Desta forma Oier súmase a unha lista de baixas na que se manteñen Rufo, Romay e o canteirán Iñaki ademais do sancionado Churre, que perderá o próximo partido.
O horizonte para Calvillo é poder estar a punto na primeira xornada do ano, na visita o 9 de xaneiro a Pasarón do Palencia Cristo Atlético, perdendo por tanto o duelo desta fin de semana en casa contra o Ceares e o previsto en Salamanca o 19 de decembro.
O obxectivo no Pontevedra é chegar a ese primeiro partido de 2022 coa enfermería senón baleira si case ao completo.
O que máis sinxelo teno é Romay, que este mércores ten previsto reincorporarse ao traballo de grupo tras un par de semanas parado por unha microrrotura muscular. O de Malpica ten complicado volver contra o Ceares ante a intención do técnico de non arriscar unha recaída con ningún futbolista dada a boa dinámica do equipo, pero si podería estar dispoñible de ser necesario para a última xornada do ano en Salamanca.
Tamén Rufo encara a fase final de recuperación da súa lesión de nocello, sendo a meta posta polo club que chegue en perfectas condicións ao comezo da segunda e decisiva volta do campionato.
Relacionadas:
-
A enfermería de Pasarón baléirase
Por Redacción |
-
Sen confianzas na visita do pechacancelas Ceares a Pasarón: "Queremos ser primeiros canto antes"
Por Diego Espiño |
-
Miguel Román: "Estou moi contento aquí, teño un contrato de dous anos e non teño en mente cambiar de sitio"
Por Diego Espiño |
-
Samu Santos, na 'pole' para substituír o sancionado Churre
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "Charles es diferente a todos los jugadores de la categoría"
Por Redacción |
-
Charles culmina de penalti no 89 unha traballada remontada do Pontevedra en Langreo (1-2)
Por Diego Espiño |
-
Romay e Rufo, descartados para Langreo: "A dinámica do equipo é boa e permítenos ser prudentes"
Por Diego Espiño |