Organizan unha viaxe en autobús gratuíta para apoiar o Pontevedra na súa visita ao Compostela
Por Redacción
O primeiro partido da segunda volta de competición na Segunda RFEF levará o Pontevedra Club de Fútbol o vindeiro domingo 23 de xaneiro (17.00 horas) a Santiago de Compostela, un encontro no que o club granate non estará só.
Aos esperados desprazamentos de seguidores en coches particulares súmase a viaxe organizada que anunciou este xoves a entidade de Pasarón.
Trátase dun desprazamento en autocar sufragado pola empresa San Marcos, polo que o transporte será de balde para os afeccionados e só será necesario abonar o custo das entradas para ver o partido no Estadio Vero Boquete fronte á SD Compostela.
Granate, acompaña ao equipo no partido ante a @SD_Compostela! Reserva a túa praza nas oficinas de Pasarón(luns-venres de 09.00 a 14.00 e 16.00 a 19.00) abonando só o prezo da entrada e viaxa gratis a Santiago no autobús fletado polo noso colaborador San Marcos.#TAG #HaiQueRoelo pic.twitter.com/4oNoRNVuUn
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) January 13, 2022
Estas entradas fixáronse en 15 euros para o público adulto e en 5 euros para os menores de idade.
O autocar ten previsto partir desde o Pavillón Municipal dos Deportes ás 15.00 horas para regresar tras o encontro, sendo necesario reservar praza nas oficinas do Pontevedra, no Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
A marea granate subirá ata Compostela
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra segue de doce ata nos amigables e derrota o Celta B en Barreiro (2-4)
Por Redacción |
-
Diego Seoane pon voz ao bo momento do Pontevedra: "Este ano estoume divertindo como un anano"
Por Diego Espiño |
-
Tres partidos de sanción a Moncho por gritarlle ao árbitro asistente "vas a velo na tele"
Por Diego Espiño |
-
O Compostela, próximo rival do Pontevedra en liga, en alerta pola pandemia
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero descarta reforzos no mercado de inverno: "É o compromiso que temos co plantel"
Por Diego Espiño |
-
Rufo recibe a alta médica e empeza a adestrar co grupo
Por Diego Espiño |
-
Remontada do Pontevedra ante o Cristo Atlético para empezar o ano cun sorriso (4-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |