A Gimnástica revalida título na XVII Copa Xunta de Galicia en Pista Cubierta
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Sociedade Gimnástica de Pontevedra regresou este sábado á competición por equipos para disputar na Fundación Expourense a XVII Copa Xunta de Galicia de Clubs en Pista Cuberta.
O equipo pontevedrés chegou á cita como gran favorita a revalidar o título e, como era de esperar, logrou un novo ouro na sección masculina ao facerse con 92 puntos. Con todo, tívose que conformar co segundo posto na feminina onde logrou 86 puntos, a dous de revalidar o título. En mixto fíxose coa primeira posición ao sumar un total de 178 puntos.
Con dous equipos reforzados cheo de atletas que lideran o ranking autonómico nas súas categorías chegou a Gimnástica a Ourense, onde Lucas Lorenzo (60 ml), Pablo Bocelo (1500 ml), Carmen Victoria (400 ml e 4v, 800), María Campo (800 ml) e Ainara Rodríguez (3v, 600) estreáronse nunha proba colectiva vestindo as cores do club pontevedrés por primeira vez.
O equipo masculino conseguiu a súa novena copa consecutiva. O primeiro posto lográrono con Sergio Rodríguez (200 ml); Iñaki Cañal (400 ml), que co seu tempo de 47.04 bateu ademais un novo récord absoluto de Asturias; Adrián Lago (800 ml); Alfonso Palomanes (triplo salto); Víctor Gallego (peso); e nas remudas con Carlos Porto (4 voltas), Adrián Lago (3 voltas), Pablo Bocelo (2 voltas) e Sergio Rodríguez (1 volta), tras un apertado final.
Segundos quedaron Lucas Lorenzo (60 ml), Pablo Bocelo (1500 ml), Manuel Hurtado (3000 ml), Joao Ribeiro (60 m valos), David Ferrer (salto de lonxitude). Santi Ferrer fuu cuarto en salto con pértega e Matías Moldes quinto en altura.
Pola súa banda, o conxunto feminino non revalidou título pero quedou a dous puntos, conformándose cun tamén valioso subcampeonato galego.
A máxima puntuación conseguírona Andrea Villaverde (lonxitude) e Carmen Victoria (4 voltas), María Campo (3 voltas), Eugenia Gil (2 voltas) e Cristina Garrido (1 volta) en remudas.
O segundo foi para Cristina Garrido (60 ml) e Lucía Ferrer na mesma distancia, pero con valos e Carmen Vitoria González e María Campo quedaron terceiras en 400 e 800 ml, respectivamente.
Cuartas quedaron Carla Rivas (altura), Marina Artemia Pérez (tripla), Sandra Carballo (peso); Eugenia Gil foi quinta; e Ainara Rodríguez e Isabel Caeiro chegaron sextas en 1500 ml e 3000 ml, respectivamente.
Novo récord de España
Lucía Ferreiro co seu terceiro posto en salto con pértega e os seus 3.17 metros logrou ademais un novo récord de España en categoría máster W-40.
Consulta os resultados da XVII Copa Xunta de Galicia de Clubs en Pista Cuberta
Relacionadas:
-
Iñaki Cañal, da Gimnástica, proclámase subcampión Mundo en Belgrado
Por Almu Dapena |
-
Seis podios para a Gimnástica no Campionato de Galicia Absoluto celebrado en Expourense
Por Redacción |
-
Triunfo e mellor marca persoal para o marchador Daniel Chamosa no autonómico de 10 quilómetros en ruta
Por Redacción |
-
A Gimnástica reforza o seu equipo masculino con tres lanzadores e tres corredores
Por Redacción |
-
Seis novas caras no equipo feminino da Gimnástica para soñar co ascenso a División de Honra
Por Redacción |