David Soto cede a súa condición de xogador con máis minutos no Pontevedra
Por Diego Espiño
A ausencia de David Soto do once do Pontevedra Club de Fútbol e mesmo da convocatoria para o partido fronte ao Bergantiños puxo fin á marca de encontros completos sen fallo que ostentaba o central.
O futbolista granate, chegado esta campaña á entidade de Pasarón procedente do Compostela, era o único xogador do plantel que disputara todos e cada un dos minutos de liga ata o pasado domingo, 20 partidos con 1.800 minutos, demostrando ser unha peza indiscutible para o seu adestrador, Ángel Rodríguez.
O técnico xustificou a súa ausencia e a de Samu Araújo da lista de convocados limitándose a dicir que "Samu tiña un problema atrás e Soto tiña un proceso distinto e non puido participar", aínda que confía en poder recuperalo para o próximo compromiso ligueiro no Carballiño.
Desta forma o central deixou de ser o xogador do Pontevedra que lidera a lista de maior participación, superado por un Charles que suma agora 1.838 minutos ao tomar parte como titular nos 21 partidos de liga, aínda que en seis deles terminou sendo substituído.
O dianteiro brasileiro queda xunto a Alberto Rubio (1.441 minutos) como os únicos que non perderon ningún choque, aínda que Rubio participou en dúas ocasións entrando desde o banco.
No ranking de minutos Churre acumula 1.780 tras perderse só un encontro, por sanción, do mesmo xeito que Álex González (1.618 minutos). Tamén Brais Abelenda participou en 20 choques ata a data (1.659) sendo titular en todos eles, unha condición de indiscutible que tamén mantiña Diego Seoane (19 partidos con 1.613 minutos) ata que a lesión que sufriu fronte ao Compostela fíxolle perderse dúas xornadas consecutivas.
Pecha a lista de indispensables para o técnico Yelko Pino con 1.514 minutos e Pablo Cacharrón con 1.350 ao sumar 15 encontros consecutivos completos desde a súa entrada no equipo titular.
Destacan por outra banda a cifra de participación en partidos doutros xogadores, aínda que partindo en moitas ocasións desde o banco de suplentes, como son os casos de Javi Rey (19 partidos con 788 minutos), Romay (18 encontros con 620 minutos) ou Martín Diz (19 partidos con 363 minutos). No caso dun home chamado a ser importante como Rufo, os problemas físicos fixeron que só some ata a data 667 minutos con seis únicos encontros como titular (11 en total).
Relacionadas:
-
O dobrete de Seoane suma á defensa ao festival goleador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sólido triunfo do Pontevedra no Carballiño (1-5) para colocarse a tiro de pedra do líder
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "Estes resultados fixéronnos pensar pero non desencoraxarnos"
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' mobilízase para apoiar o Pontevedra no Carballiño
Por Diego Espiño |
-
Seis xornadas sen perder, aval dun reforzado Arenteiro para ameazar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Exame de conciencia no Pontevedra para recuperar "a frescura que tiñamos hai dúas semanas"
Por Diego Espiño |
-
O Bergantiños castiga a falla de contundencia do Pontevedra (0-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Rufo apunta ao once fronte ao Bergantiños: "Para xogar 90 minutos dubídoo, pero está para ser titular"
Por Diego Espiño |
-
Álex González, confiado en poder asaltar o liderado: "Estou seguro que centrándonos en nós vai chegar"
Por Diego Espiño |
-
Fin á xeira positiva do Pontevedra, que queda seco en Leganés (2-0)
Por Diego Espiño |