Antía Chamosa logra un posto 16 nos 20 quilómetros do Campionato do Mundo de Marcha por Equipos
Por Almu Dapena
A marchadora pontevedresa Antía Chamosa logrou un agridoce aínda que notable posto 16 no Campionato do Mundo de Marcha por Equipos que se está celebrando esta semana en Muscat, Omán.
A atleta da Sociedad Gimnástica non está a ter a súa mellor tempada de inverno, xa que unha pequena lesión mantívoa afastada dalgunhas competicións tanto autonómicas como nacionais, disputando, iso si, o Campionato de España de 20 km marcha onde logrou un sexto debido a que lle deu o billete para competir no mundial de Muscat.
Alí competiu este venres xunto coa súa compañeira de equipo Lidia Sánchez-Puebla, do Playas de Castellón, disputando a única proba mundialista na que España non completou o seu equipo levando tan só dous participantes.
O pistoletazo de saída foi ás 16:00 (13:00 hora española), con Antía e Lidia como apostas españolas para disputar unha carreira de 20 quilómetros que rompeu nada máis comezar, coa madrileña marcando un ritmo máis alto que lle permitía meterse por encima do posto 20 ao completar a primeira volta e con Chamosa case un minuto por detrás da súa compañeira.
Pero co paso dos quilómetros tanto unha como a outra foron escalando banzos adiantando aos seus rivais, alcanzando finalmente a meta as posicións 12 Lidia e na 16 Antía despois de parar o cronómetro en 1:39:42 e 1:41:24 respectivamente.
Consulta a clasificación dos 20 quilómetros marcha do Campionato do Mundo na seguinte ligazón
Relacionadas:
-
Antía Chamosa suma experiencia internacional cun posto 15 no Europeo de Munich
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa, convocada para o Europeo Absoluto de Atletismo en Munich
Por Redacción |
-
Os irmáns Chamosa establecen un novo récord galego nos 10 quilómetros marcha
Por Redacción |
-
Os irmáns Chamosa derruban en Eslovaquia as portas do Europeo e o Mundial de marcha
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, convocada para o Mundial de marcha por equipos que se celebrará en Omán
Por Redacción |
-
Antía Chamosa finaliza segunda no CGTD no autonómico de marcha
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Antía Chamosa faise co bronce europeo sub-23 nos 20 quilómetros marcha
Por Almu Dapena |
-
Antía Chamosa, campioa de España de 10 quilómetros marcha coa terceira mellor marca europea sub-23 do ano
Por Almu Dapena |