Antía Chamosa, convocada para o Europeo Absoluto de Atletismo en Munich
Por Redacción
O atletismo pontevedrés terá representación no Campionato de Europa Absoluto que se celebrará do 15 ao 21 de agosto na localidade alemá de Munich.
Alí estará a marchadora Antía Chamosa, que participará na proba dos 35 quilómetros.
A atleta pontevedresa é unha dos 93 deportistas incluídos na convocatoria oficial da Selección Española, unha cita non exenta de polémica ao quedar fóra varios atletas que por ranking fixeran méritos para acudir á cita continental.
No caso de Chamosa, no seu primeiro ano como atleta sénior, xa estivo presente no mes de marzo Campionato do Mundo de Marcha por Equipos en Omán, logrando o posto 16 na proba dos 20 quilómetros. No Europeo con todo competirá na distancia longa de 35 quilómetros, nunha proba fixada para o día 16 de agosto (8.30 horas) e no que tamén estarán outras dúas españolas, Raquel González e Mar Juárez.
Na lista do Europeo tamén figura outro atleta da Sociedade Gimnástica como Iñaki Cañal, que competirá nos 400 metros e tamén na remuda 4x400.
Relacionadas:
-
Antía Chamosa, bronce no Nacional de marcha, consegue a mínima para o Mundial de Budapest
Por Almu Dapena |
-
Antía Chamosa e a súa odisea no Europeo: "A partir do quilómetro 10 empecei a vomitar"
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa suma experiencia internacional cun posto 15 no Europeo de Munich
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica pon en marcha un novo curso da súa Escola de Atletismo
Por Redacción |
-
Os irmáns Chamosa establecen un novo récord galego nos 10 quilómetros marcha
Por Redacción |
-
Os irmáns Chamosa derruban en Eslovaquia as portas do Europeo e o Mundial de marcha
Por Redacción |
-
Antía Chamosa logra un posto 16 nos 20 quilómetros do Campionato do Mundo de Marcha por Equipos
Por Almu Dapena |